O Club Náutico homenaxea aos seus socios

Estando o noso usuario Jose Luis polo medio o espectáculo está sempre asegurado
Estando o noso usuario Jose Luis polo medio o espectáculo está sempre asegurado

Hai fins de semana de agosto en Camariñas que posiblemente se bata algún record do mundo en canto a cenas, festas, homenaxes, bautizos, vodas, etc... e este fin de semana fui o exemplo perfecto de elo. Despois da multitudinaria e apocalíptica festa do venres no Cafe Bar Arnela (pasarán os anos e seguirá a ser recordada por todos os participantes na mesma), o sábado celebráronse dúas cenas de grupo máis convenientemente cubertas como corresponde pola web máis visitada da Costa da Morte:  a da Danza de Arcos e a Cena de Homenaxe ao Socio que anualmente celebra o CNC e a que foi invitado moi amablemente o director de camarinas.eu.

Churrascada en homenaxe ao socio no CNC

Cando o Club Náutico de Camariñas, unha das asociacións máis importantes do Concello, celebra unha cena, camarinas.eu, que non se debe olvidar que conta no seo da súa redacción cun socio do CNC que posiblemente, algún día, recibirá o seu carnet, está alí presente. Tal e como sucedeu este sábado 2 de agosto cando cunha asistencia de máis de 100 persoas celebrouse a anual Cena de Homenaxe ao Socio que este ano consistío nunha sabrosa churrascada.

Pero o que a estas alturas segue a sorprender aos redactores de camarinas.eu é a xenialidade do Presidente do Club Náutico, o usuario e amigo de esta casa Xosé Luis Blanco Campaña, en crear climas de complicidade cos asistentes aos seus actos e en convertir en auténticos espectáculos os mesmos. Porque que Xosé Luis é o auténtico showman desta Costa da Morte dos nosos pecados non é unha sorpresa nun home con semellante currículum periodístico, o cal non deixa de ter o seu mérito, sobre todo agora que a Costa da Morte engloba lugares tan marítimos e lonxanos como Santa Comba, Laracha ou Baio. E esto que decimos quedou especialmente demostrado o sábado, cando dende o momento en que rematada a cena, e tras poñer como aperitivo, tal e como prometera, un "Que viva España", comenzou un baile adobado de periódicos concursos, que fixeron que todos os asistentes pasaran un momento realmente agradable. En fin, a próxima cita será o día 15 de agosto e alí estará como sempre camarinas.eu.

Galería 1


{multithumbs}
Image  Image  Image
Image  Image  Image
Image  Image  Image
Image  Image  Image
Image  Image  Image
Image  Image  Image
Image  Image  Image
Image  Image  Image
Image  Image  Image
Image  Image  Image

Comentarios   

fabio
+1 # fabio 05/08/2008 10:59
DESDE LOJO AI QE DESIR QE JOSE LUIS SIENPRE FISO MAGAS FALANDO EN PUBLICO E QE DA JUSTO OILO FALAR, PERO TAMEN PDIA POÑER MUSICA UN POUCO MAS MODERNA.E UNMA OPINION .UN SALUDO
Denunciar ante o administrador
mantida
0 # mantida 05/08/2008 11:43
Fabio Jose Luis fai majas falando cantando e tocando,dalle a todo, a música e o de menos pero tes que darte cuenta que mitad deles xa están entrados en anos e siempre lle justa a música de antes.
Denunciar ante o administrador
fabio
0 # fabio 05/08/2008 11:55
SI, MANTIDA ESO E BERDA SA SE BE NAS FOTOS,TAMEN AI QE DESIR QE SALEN TODOS MUI JUAPOS.MANTIDA UN SALUD E ABER SI TE ANIMAS A ESCRIBIR NI LIBRO QE FASIAS MAGAS,, BEÑA MANTIDAAAAAAAAA !!!
Denunciar ante o administrador
rubiasexy
0 # festarubiasexy 05/08/2008 12:15
estades todos muijuapos e si se ñor que pena non poder ir si non bailaba tamen v bueno non se po de estar en todos sitios .rubia
Denunciar ante o administrador
rubiasexy
0 # festarubiasexy 05/08/2008 12:29
bueno grasias diego as fotos mui bonitas fas majas e o carajo mima son des solos rubia
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.