Brais fixo a súa Primeira Comunión e Sheila bautizouse en Xaviña. Hoxe foi un día moi axetreado para o cura párroco de Xaviña xa que se lle acumulou o traballo. Ás 11 da mañá, Don Mario, doulle a Primeira Comunión a Brais Nión Dios (Neto de Sara, Restaurante Sara) e as 12 e media da mañá bautizou a Sheila (Neta do carteiro de Xaviña). Todos os tradicionais ritos sucedéronse con normalidade e a continuación celebráronse as debanditas comidas e banquetes. Desde esta web dámoslle a Norabóa a Brais, Genma e a toda a súa familia.

Engadir un comentario

Código de seguridade
Recarregar