No momento que se está a piques de pasar o Ecuador do Obradoiro, que está a levar a cabo o Concello de Camariñas, nas dúas primeiras quendas levan participado nel, 145 rapaces e rapazas nados entre os anos 2014 e 2004, ambos incluídos.

A terceira e cuarta quenda irán dende o día 3 de agosto ata o 31 do mesmo mes. Co obxectivo de facer partícipe a todos e todas as nenas e nenos do Concello, hai un bus que os recolle nas diferentes parroquias para acercalos a Camariñas e unha vez na parroquia de Camariñas se desenvolvan diferentes actividades acordes ás idades que participan nel.

Dentro desas actividades hai saídas en bus a Camelle, Xaviña, Ponte do Porto, para desenvolver actividades deportivas e culturais.

Toda persoa interesada nas futuras quendas, pode tramitar a súa solicitude no Departamento de Deportes do Concello de Camariñas. Para máis información, poden chamar ao teléfono do Concello de Camariñas 981 736 000.

Campamentos de verán do Concello de Camariñas
Campamentos de verán do Concello de Camariñas

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar