A Concellería de Servizos Sociais e Igualdade do Concello de Camariñas, Sandra Ínsua Rial, leva desenvolvendo esta primeira quincena de maio varias actividades a favor da visibilización das persoas con diversidade funcional. Entre os días 30 de Abril e 7 de maio a educadora familiar tivo seis charlas repartidas entre o alumnado de 4º,5º e 6º de primaria dos dous centros escolares do concello como son o CEIP O Areal de Camariñas e o Colexio O Allo da Ponte do Porto. O dia 4 de maio a Federación de asociacións de persoas xordas de Galicia achegouse aos centros a explicarlles aos alumnos e alumnas de 5º de primaria como era a súa vida diaria ,dificultades, tecnoloxías que lles facilitan as cousas, ensináronlle algunha palabras en linguaxe de signos.

 

Esta maña dúas persoas da ONCE explicáronlles aos rapaces e rapazas como escriben , len, colorean, como se desprazan pola cidade e as rúas,conque medios técnicos e tecnolóxicos contan para ter unha vida independente, como fan deporte, os alumnos e alumnas participaron moi activamente e amosaron moitísimo interese. Este venres día 11 desprazaranse co alumnado dos dous centros a Nantón as instalación de INTEGRO para ver o centro e convivir toda a maña. Serán os alumnos de 4º de primaria. Para rematar o dia 15 de Maio os maiores, de 6º de primaria, iran a Carballo a ver as instalacións de ASPABER en Carballo. Visitaran o centro de dia e os talleres onde traballar as persoas con diversidade funcional.

Engadir un comentario

Código de seguridade
Recarregar