En esto das comisións de festas pasa como no fútbol: o importante é que o legado dunha xeración gloriosa se transmita á seguinte. Toda unha sabiduría acumulada, uns valores e un saber facer que sexan traspasados ás novas xeracións por medio de uns cantos estandartes que recollan as esencias gloriosas do club. Así, no seu momento, Di Stéfano fui o encargado de transmitir o know-how madridista á xeración dos ye-yés (Copa de Europa de 1966). Os Amancio, Pirri, Benito e compañía recolleron daquelas sagradas mans un legado que despois recaería nos Santillana, Juanito (D.E.P.) ou Camacho. Nos tumultuosos anos 80 do Felipismo a Quinta da Buitre continuou unha lenda que anos despois resucitarían Raúl, Fernando Redondo e a Quinta dos Ferrari con 3 novas memorables Copas de Europa (1998-2000-2002). E así ata estes heroicos días nos que Cristiano Ronaldo é o máximo expoñente da continuidade dun nunca inigualado legado futbolístico.

Aquí en Camariñas a pesada tarea de transmitir un comprobado e exitoso xeito de facer as cousas recaeu nos nosos queridos amigos Pedro Pouso Lista e Maitiña Castro Carril, versados mediocampistas na dura tarea de organizacións festeiras e que agora comandarán un competente equipo comisionista que en breve se poñerá á tarea de organizar as Festas do Carmen 2018. A transmisión do saber-facer está asegurada e os compoñentes do equipo son óptimos, pero do mesmo xeito que o Real Madrid nunca fai ascos á fichaxe dun Kross, un Asensio ou un Lucas Vázquez para reforzar aínda máis o seu Reinado Futbolístico, a nova comisión tirou a casa pola ventana, rastreou o mercado e fichou a toda unha vicepresidenta do Parlamento de Galicia, Marisol Soneira, para completar unha plantilla xa de por sí estelar. E como non tamén estaremos dende Camarinas.eu apoiando a esta comisión de festas a través da publicación de todas as novidades que nos vaian trasladando. Para elo, como ven sendo habitual nos derradeiros anos, será Diego Alonso o director desta web e fotógrafo de bodas na Costa da Morte o encargado de deseñar gratuitamente o gran cartel que promocionará a espectacular Festa do Carmen de Camariñas 2018. Con estes mimbres, a 13ª esta ao caer...ejem, perdón, ehhh... queremos decir a mellor Festa que os camariñáns poidan imaxinar.

 

Engadir un comentario

Código de seguridade
Recarregar