A organización da Mostra do Encaixe de Camariñas ven de presentar hai uns días por medio do seu canal oficial de youtube un video resumo do acontecido na orixinal presentación do cartel da Mostra 2018 na Deputación da Coruña. Alí, na sala de prensa Juan Gallo era o mesmísimo presidente do ente provincial e todopoderoso señor do PSOE coruñés, noso querido amigo Valentín González Formoso quen recibía, xunto ao alcalde Pichurri e a concelleira Sandra Ínsua, ás palilleiras que se trasladaron dende todo o concello para asistir a tan importante evento. Incluso éstas mesmas palilleiras foron quen de tomar literalmente o hemiciclo donde celebran os plenos os deputados provinciales para agradecer tantos anos de apoio desta institución. Un xesto que tocou o corazonciño do presidente da deputación tal e como lle comentaba a algunhas palilleiras en privado.

E ata alí se desprazou tamén o director de Camarinas.eu para estar presente no evento e realizar unha reportaxe para esta web. A protagonista do cartel, a famosa actriz fisterrá Marta Lado, non quixo perderse a posta en marcha do que está chamada a ser unha das mostras máis exitosas dos últimos anos. O gran traballo realizado en promoción pola organización da mostra e animado pola impagable colaboración de entidades públicas como a Deputación da Coruña espérase que dea os seus froitos cando a finales deste mes se inaugure o acontecemento máis importante do encaixe mundial. E alí estará Camarinas.eu para informar de todo o que aconteza na Mostra do Encaixe de Camariñas 2018, pero antes de toda esa avalancha informativa, deixámosvos co video do acontecido na presentación do cartel da Mostra do Encaixe de Camariñas na Deputación da Coruña.

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar