Este domingo un redactor de Camarinas.eu era testigo de como uns rapaces da vila de non máis de 11 anos recollían do mar cajetillas de tabaco completamente "aptas" para o seu consumo. Facíano en pleno paseo marítimo de Camariñas á vista de todos os viandantes que por alí pasaban. Cajetillas de Marlboro americano light que os rapaciños, coas súas manciñas aínda por desarrollar mostraban excitados a todo aquel que paseaba por alí entre risas de uns e outros... A parte de todo o que conleva este suceso para a conservación do noso medio ambiente e das consecuencias máis inmediatas que teñen todas estas toneladas de basura esparcida pola costa para o medio mariño a corto e medio plazo, parece ser que ninguén se percatou da infestación de cajetiñas nos bolsillos e petos de moitos nenos de toda a Costa da Morte que supuxo a aparición desta carga adictiva polas beiras da nosa costa. Camarinas.eu foi testigo hai uns días de como esas mesmas máns infantiles que soen xogar aos bonecos no parque infantil recollían tabaco como si fose unha golosina. Pero aquí parece como si non acontecera nada e moitas autoridades toman esto pouco menos que a cachondeo. Mentras tanto os nenos seguen co seu perigoso xogo recolectando adictivo tabaco americano para levalo consigo nos seus petos. Un tesouro que gardan en secreto sin saber do perigo que levan enriba. Alguén debería coller as riendas desta situación urxentemente e os pais debemos de estar atentos e advertir do perigo aos nosos nenos. Tamén dende as escolas se debería explicar aos nenos diariamente do perigo inminente que conleva que os nenos estean en contacto con sustancias adictivas e nocibas como o tabaco. Non só está en risco a saude medioambiental da nosa costa se non que tamén está ameazada a saúde dos nosos cativos. Aínda que nadie se queira dar de conta.
Toneladas de tabaco rubio inundan a costa de Camariñas
Toneladas de tabaco rubio inundan a costa de Camariñas

Engadir un comentario

Código de seguridade
Recarregar