O IES Plurilingüe Pedra da Aguia de Camariñas é un dos catro centros galegos que foi seleccionada pola Oficina de Información do Parlamento Europeo en España para participar no Programa de Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo. O programa ten como obxectivo estimular un coñecemento activo da Unión Europea, a través das políticas que o integran, para que o alumno coñeza as posibilidades que ofrece e para valorar o papel que desempeña o Parlamento Europeo.

Tamén se trata de crear un punto de información no Centro que sirva de referencia na zona para dar a coñecer os proxectos abordados no séo da Unión Europea. Para este programa, seleccionáronse 15 alumnos do 3º ESO, que serán supervisados por dous dos seus profesores do Departamento de Xeografía e Historia, Susana Álvarez e Jacobo Santos.

O programa, que será avaliado desde Madrid, pódese seguir a través de Facebook e do sitio web do Centro. A súa duración é indefinida, dependendo dos resultados obtidos.

Os alumnos e os seus directivos afrontan este novo desafío con gran entusiasmo. De feito, xa teñen programada unha visita a Estrasburgo e Bruxelas durante a primeira quincena de abril.

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar