Hai documentos visuais que constitúen si mesmos verdadeiros exemplos, deses que habería que mostrar nas escolas ou, tal vez máis apropiadamente, nos hospitais. Exemplos de como un ser humano cunha vida plena e satisfactoria vese golpeado do xeito máis inesperado polo infortunio e ten que sobrepoñerse dun xeito ata entón inverosímil á máis cruel adversidade. Soen ser estes documentos que estremecen, que tal vez un non gusta de ver, confiado como está á súa egoísta boa sorte. Pero ningún de nós está exento de semellantes zarpazos do destino. A xaviñana Mari Carmen Fernández tiña unha vida plena e satisfactoria, entendida ao modo xaviñán de levar unha carga inherente de duro traballo, ata que unha día de Nadal hai máis dunha década sufreu un ictus. De cómo se sobrepuxo a tan brutal e demoledora traxedia que levou sempre coa súa inquebrantable fé en Deus noso señor, de cómo encarou con esforzo e ilusión o seu futuro, e de cómo utilizou o encaixe como inseparable compañeiro de tan dura travesía, se ocupa a entrañable entrevista de que foi obxecto na TVG xunto ao seu esposo "O Jallejo" e o seu fillo Sergio Caamaño. Un documento de visión obrigada. Porque ningún de nós está a salvo de ser zarandeado polos hados do destino.

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar