A estatua homenaxe a Don Jesús, nobre iniciativa dun grupo de veciños da vila das palilleiras, xa está nos seus últimos pasos para ser unha realidade. Este grupo de veciños veñen de amosarnos, en rigurosa exclusiva, o molde que servirá de plantilla para que o canteiro encargado do proxecto, especialista nesta dificil arte, elabore o busto que se ten previsto inaugurar no funeral que se celebrará dentro de dúas semanas na Igrexa Parroquial de San Xurxo de Camariñas. Antes de facer público este molde do noso querido amigo falecido, esta comisión que iniciou os traballos para realizar o busto de Don Jesús, contactou con varios dos familiares do que fora o páter da vila das palilleiras, que deron o seu visto bo ao molde e aledáronse profundamente da iniciativa.

Por outra parte, compre destacar que xa se ten recadado algo máis de 3000 euros dos 4500 que se necesitan para costear todos os traballos e facer realidade o monumento a Don Jesús. É por iso que os responsables desta iniciativa queren recordar que continúa aberto o prazo para facer os donativos que faltan para chegar a cifra final de 4500 euros no seguinte número de conta: ES6600812140110006205434. Finalmente comentar que esta comisión encargada de lebar a cabo o monumento a Don Jesús publicará no tablón de anuncios da igrexa parroquial de San Xurxo de Camariñas e tamén nesta web todos e cada un dos donativos que se realizaron por vía bancaria ou presencial e donacións así como todos os gastos derivados de tan ardua labor para recadar o importe total necesario.

Nº de conta: ES6600812140110006205434

Funerales de cabodano de Don JEsús Nieto Baneira


Transcorridos xa preto de 12 meses dende o pasamento do noso querido amigo Don Jesús Nieto Baneira, chegan as noticias de homenaxe ao que fora páter da maioría de parroquias pertencentes ao ámbito municipal do Concello de Camariñas. En Camariñas, na Parroquia de San Xurxo, está programado o seu cabodano para o venres 15 de decembro ás 18:00 horas onde se espera unha masiva afluencia de feligreses ao santuario camariñán do distrito de Buría. Pero será antes, concretamente este venres 1 de decembro cando se celebre o primeiro aniversario de Don Jesús en Cuns (Coristanco), parroquia natal do noso inesquecible amigo que de seguro que congregará a deceas de fieles camariñáns. Para poder atender a todas as persoas que queiran asistir, o concello de Camariñas ten dispoñible unha liña de autobuses que percorrerá gran parte do territorio municipal para recoller a todos os que queiran asistir ao funeral de Don Jesús.

Horarios dos autobuses que fleta o Concello de Camariñas


Horarios dos autobuses para asistir ao cabodano de Don Jesús Nieto Baneira en Cuns

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.