O pasado luns 30 de Outubro comezaron os talleres de igualdade entre homes e mulleres e a loita contra a violencia de xénero no IES Pedra da Aguia da Ponte do Porto por parte da técnica de igualdade contratada polo Concello de Camariñas. Os talleres van encamiñados a realización de diferentes actividades facendo partícipe a todo o alumnado do centro. Co alumnado de 1º e 2º da ESO estase a traballar mediante vídeos para aprender a distinguir patróns violentos así como as distintas manifestacións de cada tipo de violencia. Tamén se traballan os mitos que sustentan a violencia de xénero e as características e calidades asociadas socialmente a homes e mulleres. Ademais de proporcionarlles información acerca dos recursos que están ao seu alcance para saber como actuar e onde acudir ante unha situación de maltrato.

Co alumnado de 3º e 4º da ESO trátase de traballar mediante vídeos para aprender a distinguir patróns violentos así como as distintas manifestacións de cada tipo de violencia. Tamén se están a realizar carteis con frases ou palabras que simbolicen a repulsa contra a violencia de xénero. Ademais de proporcionarlles información acerca dos recursos que están ao seu alcance para saber como actuar e onde acudir ante unha situación de maltrato. En fin, unha boa iniciativa desenrolada dende o concello para tratar de erradicar da sociedade este gran problema da violencia de xénero.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.