Nunha noite de forte temporal un buque británico, con 175 tripulantes, foise contra os baixos do Boi. Os tombos do mar non tardaron en esnaquizar a barco e a tripulación dos que solo tres conseguiron gañar a costa con vida e dar noticia de tan tremendo naufraxio. Foi un 10 de novembro de 1.890 e pasou a engrosar a longa lista de barcos e mariñeiros que atoparon a morte nas bravas augas da Costa da Morte. Os corpos, arroxados aos areais polo mar, foron enterrados nun camposanto construído no mesmo lugar do afundimento, o Cemiterio dos Ingleses, polos veciños da parroquia de Xaviña que tiraron por terra lendas negras sobre piratería de terra e outras fábulas. Todo Santa Mariña e todo Brañas verdes, xunto con outros veciños de Xaviña, recolleron os cadáveres “coma quen recolle alghaso”, segundo contan aínda hoxe os herdeiros daqueles heroes, e non solo lle deron sepultura se non que aportaron traballo e medios para facerlles un camposanto digno.

O próximo 10 de novembro, 127 anos despois daqueles desgraciados acontecementos, conmemórase este feito no mesmo lugar da traxedia e no camposanto onde foron enterrados os mariñeiros británicos. Alí, unha vez mais, representarase a obra de teatro “Noite dos Naufraxios” pola compañía Dequenquen Teatro que a bon seguro volverá a emocionar aos asistentes coa escenificación de distintos episodios dos naufraxios históricos que sementaron a nosa costa de traxedia e lenda. Será, coma sempre, a mesma hora, nove da noite, e no mesmo lugar onde aconteceron os feitos.

Logo da representación haberá distintas intervencións por parte de autoridades e representacións. Este ano cunha novedade importante xa que a Asociación de Cemiterios Significativos de Europa entregará a placa da Ruta Europea dos Cemiterios, recoñecido como ruta Cultural Europea polo Consello de Europa, ao ser incluído nesta categoria. Sen dúbida un recoñecemento mais que merecido e que volve a situar a Camariñas e a Costa da Morte no mapa cultural europeo.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.