O IES Plurilingüe Pedra da Aguia celebrou o pasado venres día 27 de outubro de 2017 ás 20:00 horas, unha reunión informativa para todas as familias do centro sobre o tratamento da prevención do consumo de drogas. Nesta imporatntísima reunión sobre a grave problemática xeral da drogadicción que azouta tanto ao Concello de Camariñas coma outras zonas interviron diferentes axentes involucrados na temática:
  • Concello, representado polo seu alcalde e tenente alcalde, coa presencia da Policía Local e Traballadora Social.
  • Garda Civil.
  • Familias.
  • O Equipo Directivo do Instituto.

O obxectivo da reunión foi facer moito fincapé na PREVENCIÓN, facer algo antes de que pase porque despois as cousas poden complicarse demasiado. Por iso as familias xunto coa escola son un pilar moi importante para abordar o tratamento desta temática tan presente na nosa sociedade.

Dende o Concello de Camariñas con todos os recursos dos que dispón, destacando o labor da Policía Local, Servizos Sociais e a Garda Civil nos brindan o apoio necesario tanto ás familias coma ó instituto para levar a cabo calquera tipo de acción ou medida para abordar o tema a través de desenvolvemento de talleres, recurso de información ou outro tipo de axuda necesaria.

Dende o INSTITUTO estamos moi agradecidos coa colaboración dos diferentes axentes na mesa informativa e participación das familias dos nosos alumnos. Entre todos/as podemos loitar contra esta lacra que está contaminando a nosa xuventude.

Reunión no IES Pedra da Águia sobre o consumo de drogas no Concello de Camariñas

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.