Existen territorios da nosa querida España onde os empresarios son tratados pouco menos que a patadas e, claro, fuxen por miles. Soe acontecer esto en comunidades autónomas nas que hai muita tontería, nas que a base de vivir demasiado ben demasiado tempo a costa do resto dos españoles por mero aburrimento ás súas clases altas e medias-altas dóuselles por querer xogar a ser revolucionarios de salón. Aquí no Concello de Camariñas somos máis pobres, pero tamén máis humildes, e consideramos aos empresarios como un ben a protexer. Sobre todo en canto a que son persoas que se xogan un patrimonio persoal ou familiar, que poñen en valor os recursos locais e, sobre todo, por ser creadores de riqueza e postos de traballo. Hai xa anos que dentro do empresariado local destaca entre as súas competidoras a empresa porteña Gallego Pereira Frigoríficos SL adicada case exclusivamente a comercializar o mellor pulpo das nosas rías e con compradores en todo o territorio galego. O seu xerente, Javier Gallego Pereira que leva o negocio xunto ao seu pai, gran amigo desta redacción, ademáis destaca por estar volcado activamente en todas aquelas iniciativas que redundan na promoción do Concello de Camariñas dentro deste e no exterior e para non dubidou en fichar para a nómina da empresa ao seu fillo Marcos, estudiante de Enxeñería Química que aportará de seguro ao futuro da empresa os seus coñecementos universitarios. Recentemente Javier, durante a súa estadía na feira Conxemar de Vigo, era obxecto dunha entrevista da TVG que reproducimos a continuación no interior da noticia. Nesta importantísima feira vieguesa era visitado o stand de Gallego Pereira polo mesmísimo alcalde de Vigo Abel Caballero e da Presidenta da Deputación de Pontevedra Carmela Silva que aompañaron ao alcalde de Camariñas Pichurri para coñecer de preto o proceso productivo desta exemplar empresa camariñana. Ocasión que non deixou pasar para falar do que supoñe para a súa empresa levar por todo o mundo o mellor pulpo das rías galegas e especialmente o mellor deles que ven sendo o propio da nosa ría de Camariñas. Dende esta redacción queremos darlle a noraboa a todo o equipo da empresa, e espcialmente ao noso compañeiro Javier, polo gran traballo feito dende Gallego Pereira que os levou a ser unha das factoría punteiras no sector do frigorífico a nivel nacional. Noraboa a todos.

 

Comentarios   

Beldoña
+2 # ParabénsBeldoña 30/12/2017 21:42
Parabéns a Gallego Pereira- Conxemar, pola labor tan encomiable que están a facer pa o desenrolo da economía da nósa terra, ao longo de tódala xeografía nacional.
Responder | Denunciar ante o administrador

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar