Esta mesma maña , as 11 h.no salón de plenos do Concello de Camariñas, tivo lugar a segunda xuntanza entre representantes do IES Pedra da Aguia, axentes da Policía Local, o sarxento da Garda Civil, as técnicas de servizos sociais, a Concelleira de servizos sociais e o Alcalde de Camariñas. O obxectivo destas xuntanzas e mellorar a prevención no consumo de drogas e, sobretodo, coordinar un plan de acción para facer frente a esta devastadora praga do noso século. Unha das primeiras vías de acción aprovadas nesta xuntanza foi a realizar tareas de  formación e información de pais, nais e xoves para evitar o consumo de estupefacientes, así como a coordinación cos distintos ámbitos de actuación.

Esta resultou ser a segunda xuntanza realizada, a primeira tivo lugar o día 28 de setembro as 12:00 nunha reunión tamén celebrada na casa do Concello de Camariñas con un resultado máis que satisfactorio con respecto a coordinación dos distintos axentes.

Como unha das primeiras medidas a tomar vaise a convocar antes de que remate o mes de outubro, unha xuntanza informativa para as nais e pais do alumnado do IES Pedra da Aguia de Ponte do Porto. Nela tratarase precisamente a prevención no consumo destas sustancias. Neste acto van estar presentes membros do centro escolar, dos servizos sociais e das forzas de seguridade para poder responder a calquera dúbida que se presente.

Asociación Abondou


Hai unhas semanas que unn grupo de nais e pais profundamente preocupados pola situación actual na proliferación da venta de estupefacientes no municipio, ven de poñer enriba da mesa dos responsables da mesma unha proposta para retomar a actividade da asociación antidroga ABONDOU. Para elo xa se mantiveron diversas reunións informales para abordar o tema e recuperar de novo este baluarte da loita contra esta lacra que últimamente parece resurxir a pasos axigantados entre os xoves camariñáns. Unha importantísima iniciativa a destes pais que deberán contar con todo o apoio do concello para a volta a actividade desta importante asociación (senón a máis importante) dentro do Concello de Camariñas. Camarinas.eu seguirá informando de todas as novidades ao respecto.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.