Outro ano máis os rapaces de Camariñas que se estaban a preparar para recibir o sacramento da confirmación agradeceron a visita dende Santiago de Compostela do Vicario José Antonio Seone. Chegaba o vicario a Camariñas para celebrar esta importante misa pouco antes das 11:00 da maña nun día frío aínda que soleado que fixo de preludio a inevitable chegada do outono ata as nosas terras. Os rapaces, todos eles coas súas mellores galas aínda que algo nerviosos, estiveron á altura de tan importante evento sobretodo despois das sabias e entrañables palabras previas de Mary Luz Ramos, a gran catequista e mellor persoa que leva preparando a estes rapaces e rapazas para celebrar a súa confirmación. Palabras tranquilas e sinceiras que apaciguaron un pouquiño ese nerviosismo que se palpaba no ambiente. Así chegaba o momento máis importante da misa que oficiou con gran sabiduría Don José Antonio que, acompañado polo noso querido cura párroco Don Eduardo, dou a confirmación a un total de 17 rapaces de Camariñas, Camelle e Arou. Despois da misa chegou o turno das fotos que se fixeron os rapaces cos seus seres queridos. Un gran día para a comunidade católica de Camariñas que vío como 17 dos seus rapaces e rapazas se confirmaban na fé cristiana. Noraboa chavales!

Para todos aqueles rapaces e familiares que desexen levar un recordo de tan importante día na vida destes nosos rapaces, este luns estarán a disposición de todos as fotos da Confirmación 2017 no estudio de fotografía de Diego Alonso Fotógrafo.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.