Esta edición da nosa Festa do Carmen será un pouco máis especial sobre todo para todos os feligreses da parroquia de San Xurxo de Camariñas. Entre as ausencias que todos teremos presentes na nosa memoria nestes días tan sinalados o pobo de Camariñas poñerá de menos especialmente ao que foi o seu cura durante cáseque 20 anos. E así o quixo homenaxear a comisión de festas con un acto en memoria de Don Jesús Nieto Baneira na véspera do que será o día grande do Carmen 2017. Prolegómeno do que está a vir, xa que a estatua homenaxe ao páter tristemente falecido hai varios meses comeza a tomar forma definitivamente. Despois de que un grupo de veciños se puxera mans a obra para promocionar esta homenaxe para o noso amigo Don Jesús e, sobretodo, para recaudar o importe necesario que sufrague o busto conmemorativo a semellante ser humano que nos guiou espiritualmente durante os derradeiros 17 anos, todo apunta a que en poucos meses contaremos con ese monumento no atrio da nosa igrexa. Tanto é así que os promotores desta homenaxe ao noso querido Don Jesús piden un último esforzo a todos aqueles que desexen colaborar nos donativos para costear o importe total que implica un traballo tan riguroso e especial como o de recrear exactamente o rostro dunha persoa . Os interesados en colaborar económicamente e darlle o último empuxón a esta xusta iniciativa popular tan só teñen que dirixirse ás oficiñas do Banco Sabadell (antes Banco Gallego) de Camariñas e alí mesmo os asesorarán para facer efectivo o donativo en só uns minutos. Para todos aqueles que non podan acudir persoalmente ao banco poden facer o donativo mediante a banca electrónica no seguinte número de conta: IBAN ES 6600812140110006205434. Ao rematar de recaudar os fondos necesarios publicarase a lista de donativos nesta mesma web para que todo o mundo teña constancia do seu aporte. Tan só nos queda un pequeno pasiño para honrar a memoria do noso querido amigo Don Jesús. Entre todos vámolo a facer posible.

Nº CONTA - IBAN ES 6600812140110006205434

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.