Pois xa está aquí, o flamante cartel do primeiro Festival do Legado del Tibu que se celebrará o próximo 12 de xullo de 2014 na área recreativa da Praia do Ariño en Xaviña. O encargado de organizar todos os detalles do evento que promete xuntar a centos de persoas na milenaria parroquia de Xaviña non é outro que o noso querido amigo Félix García Ínsua, hostaleiro de éxito xaviñán en Santiago de Compostela e ás Rías Baixas.  Como decimos, o acto realizarase este próximo 12 de xullo e contará coa actuacións dos mellores Dj´s a partires das 23 horas. Así mesmo, realizarase unha espectacular pulpada e churrascada amenizada por varios grupos musicales de éxito. Desde Camarinas.eu queremos felicitar a todos os nosos amigos integrantes da Asociación LEGADO DEL TIBU por esta gran iniciativa. Para informarse mellor vos recomendamos ler o cartel que nos mandan nosos colegas Félix García e Damian Pereira.

NOTA IMPORTANTE: NON HABERÁ ACAMPADA

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar