Camariñas mantén un índice de criminalidade por debaixo da media da provincia

Este luns 22 de outubro, tivo lugar a Xunta Local de Seguridade que convocou o Concello de Camariñas e na que tanto a subdelegada do Goberno, Pilar López-Rioboo, como o coronel da Garda Civil, Francisco Javier Jambrina Rodríguez, confirmaron que actualmente Camariñas ten un índice de criminalidade por debaixo da media da provincia. ...

Este sábado Danza Rosa en Camariñas para conmemorar o Día contra o Cancro de Mama

Mañana, sábado 20 de octubre, ás 17 horas o Concello de Camariñas levará a cabo a súa ‘Danza Rosa’ en colaboración coa xunta local da Asociación Española Contra o Cancro para conmemorar o Día Internacional Contra o Cancro de Mama. As persoas participantes irán vestidas de rosa e a acción será silenciosa como homenaxe á traballadora municipal recéntemente falecida, Raquel Moreira. ...

A Xunta Local de Seguridade de Camariñas celebrarase o 22 de outubro

A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, solicitou á subdelegación de goberno a convocatoria da Xunta Local de Seguridade para tratar diferentes asuntos que inciden na calidade de vida dos veciños de Camariñas, que se convocou inicialmente para o próximo luns, 22 de outubro ás 11 horas. ...

O proxecto do Centro de Día de Camariñas contará cun importante apoio económico da Deputación da Coruña

Continuamos en Camarinas.eu facendo un resumo da derradeira visita do Presidente da Deputación da Coruña ao noso concello e que deixou un balance moi positivo. A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, trasladou ao presidente provincial unha das principais demandas do goberno municipal: a creación dun centro de día para as persoas maiores do municipio e anunciou que nos próximos días solicitará unha entrevista coa nova conselleira de Política Social da Xunta de Galicia, Fabiola García, para trasladarlle esta demanda. ...

O Concello de Camariñas solicita a Xunta de Galicia que doble a aula de 1º de primaria do CEIP O Areal de Camariñas

Hoxe, xoves 11 de outubro, a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, o segundo tenente de alcalde, Juan Carlos Canosa, e os directores do CEIP O Areal e CEIP Ponte do Porto reuníronse co Xefe Territorial de Educación da Xunta de Galicia para solicitar diferentes melloras nos centros educativos do municipio. ...