Inicio arrow Reportaxes
Narrow screen resolution Wide screen resolution default color green color orange color

Usuarios en Liña

Eche ben raro oh! non hai usuarios en liña
Guests: 26

Login!!

Quen está no chat?

    Estadísticas

    Visitantes: 8949735
    Reportaxes realizadas polo equipo de camarinas.eu
    Recollida das setas 2009
    (72 votos)

     A Camariñas da época das setas

    O noso redactor perruno Bénder andivo a procura de duendes e gnomos sen resultados satisfactorios
    O noso redactor perruno Bénder andivo a procura de duendes e gnomos sen resultados satisfactorios

    Estiveron ahí todos estes anos pero moitos non reparáramos nelas. Nos nosos camiños antigos, polas correduiras, cunetas, salpicados polos campos, crecendo sobre un tocón do que un día foi un esbelto pino, á sombra da luz agonizante, a carón sempre da auga, da humedade que lles da a vida. A súa corta vida. Ca chegada do outono e das primeiras chuvias un exército multicolor de setas, fungos, champiñóns, cugumelos ou como queira chamárselles apodérase do paisaxe camariñán otorgándonos un conxunto pluricelular de paraugas co que protexernos das inclementes chuvias. Acerca da comestibilidade das mesmas, esta redacción xa non pode dar fe delo e si hai algún experto en micoloxía dentro do noso sabio e cultivado electorado non estaría mal que dera un paso ao frente e impartira un par de leccións maxistrais sobre as setas nesta reportaxe reproducidas. O que tampouco sabemos é si un exército de gnomos e duendes moran nelas ou nos refuxios subterráneos dos cachopos forestais. Porque non só van a ser patrimonio exclusivo do norte de Europa. 

     
    Viaxe ao conxunto rochoso de Penafreu
    (88 votos)

    Viaxe aos confíns do mundo

    Lass, contempla absorto a Vila de Camariñas dende as alturas rochosas de Penafreu
    Lass, contempla absorto a Vila de Camariñas dende as alturas rochosas de Penafreu

    Nos confíns septentrionais da parroquia de Camariñas, máis alá incluso de Mourín, atópase dende o inicio remoto das eras xeolóxicas do planeta o conxunto rochoso de Penafreu. Territorio que marca a fronteira natural entre Camariñas e Xaviña, evocado na memoria colectiva por lendas apócrifas que falan dun antigo  e desaparecido asentamento da cultura castrexa, altura xeoestratéxica dende a que se dominan os catro puntos cardinais, tendo aos seus pés as vilas de Xaviña e Camariñas, á Ría do mesmo nome, o Santuario natural de Reira e que permite vislumbrar no horizonte Muxía, camarinas.eu nos días centrais de xullo de 2009 acometeu dende o centro base do Cotariño e nunha compañia excepcional dúas viaxes consecutivas ata un conxunto natural onde a pedra deixou de ser o rei en beneficio duns xeneradores eólicos que acabaron por adueñarse de todo o entorno.

     
    Reportaxe dos Cabazos de Camariñas
    (130 votos)

    camarinas.eu rinde homenaxe a un elemento constructivo básico na alma agrícola do Concello de Camariñas
    camarinas.eu rinde homenaxe a un elemento constructivo básico na alma agrícola do Concello de Camariñas

    Corren épocas nas que os hórreos ou cabazos volven a estar de moda, alomenos en Camariñas, especialmente para Juan Salvador Gaviota (JSG), o usuario de camarinas.eu que convertío á cámara fotográfica nun apéndice máis do seu corpo biónico, o cal percorreu incansablemente as terras do Concello en artística peregrinación captando todos aqueles cabazos que durante tantos anos constituiron o graneiro que dou de comer a todo un concello en permanente autarquía económica para despois, a partir das épocas do desarrollismo español dos anos 60 caer víctimas dun feísmo que nos bos tempos do "ti fai" chegou ao seu paroxismo iconoclasta mutilando brutalmente decenas de obras artísticas fruto do talento labrego. Outros muitos foron víctimas do paso dun tempo inclemente e desagradecido. De todo elo deixa constancia camarinas.eu nunha reportaxe de máis de 250 imaxes resultado da colaboración entre JSG e Zhúkov.

     
    Visita as Torres de Cereixo
    (81 votos)

    O Castelo de Cereixo abre as súas portas

    As Torres de Cereixo abren as súas portas para todo o público da Costa da Morte a través de camarinas.eu
    As Torres de Cereixo abren as súas portas para todo o público da Costa da Morte a través de camarinas.eu

    En ocasións as credenciais de xornalista (aínda que sexa aficcionado) tan duramente gañadas a través da publicación ininterrumpida de 1.345 noticias en pouco máis de dous anos abren as portas de lugares normalmente pechados ao común dos mortais. Chámase a esto a forza e influencia do "Cuarto Poder", se ben esta non deixa de ser unha web humilde e enxebre que abusou da súa amistade con Santiago Fernández Puentes, arquitecto de profesión, actual vicepresidente do Club Náutico de Camariñas e propietario das Torres de Cereixo, para visitar unha das principais xoias arquitectónicas da Costa da Morte nun veraniego e soleado atardecer de finais de agosto.

     
    Expedición e conquista do Illote da Portuguesa
    (73 votos)

    Invasión do Illote de A Portuguesa

    A semellanza do ocurrido co Vilán de Fóra, camarinas.eu coronou o cume do Illote da Portuguesa
    A semellanza do ocurrido co Vilán de Fóra, camarinas.eu coronou o cume do Illote da Portuguesa

    Aquí en camarinas.eu dixéramos que rematara a xeira de reportaxes adicadas ao conxunto de praias máis fermoso da Costa da Morte, o Areal de Reira, pero coñecendo o noso carácter, calqueira podía preveer que non deixaríamos escapar os fantásticos días veraniegos de comenzos do mes de setembro de 2009 sin colocar na nosa portada o seu correspondente reportaxiño, e así decidimos continuar a coronación dos principais cumes marinos do noso concello ca invasión e conquista do Illote percebeiro de A Portuguesa, desafío de menor entidade que o do Vilán de Fóra pero que tamén requerío unha esforzada expedición que ao albur dunha mañán de oceánica baixamar púxose en camiño dende a Praia Grande de Reira e que asemesmo se extendío ca penetración nas tenebrosas e apocalípticas furnas do Monte da Pedrosa.

     
    Conmemoracion do 2º Aniversario de camarinas.eu
    (175 votos)

    Expedición e conquista do Vilán de Fóra

    A Bandeira de Camariñas ondeou por vez primeira sobre as cumbres do Vilán de Fóra da man de camarinas.eu
    A Bandeira de Camariñas ondeou por vez primeira sobre as cumbres do Vilán de Fóra da man de camarinas.eu

    Na tarde do domingo 16 de agosto do ano de gracia de 2009 dende os pantaláns do porto de Camariñas púxose en marcha unha expedición que tiña un obxectivo nunca acometido anteriormente por medio de comunicación algún: a invasión e conquista  do Vilán de Fóra, a pirámide faraónica que culmina o conxunto pétreo máis desafiante e dolorosamente fermoso das salvaxes terras da Costa Atlántica. A citada expedición, conforme as leyes e tratados internacionais, ía poñer o pé nunhas cumbres prácticamente vírxenes para o ser humano para para izar simbólicamente por vez primeira na historia a bandeira oficial  do Concello de Camariñas. Desta forma camarinas.eu poñía fin as conmemoracións oficiais do fin de  semana no que cumprío dous anos de existencia e no que chegou aos 6.000.000 de visitas. Camarinas.eu procede a publicar unhas imaxes tomadas por vez primeira por un ser humano.

     
    Reportaxes camarinas.eu: O Metalico
    (120 votos)

    Archipiélago Metálico

    Semellando ás illas dun arquipélago, centos de metálicos atópanse espallados ao longo do noso concello
    Semellando ás illas dun arquipélago, centos de metálicos atópanse espallados ao longo do noso concello

    Desperdigados, espallados, ocultos no medio de bosques, montes e leiras un anónimo e poderoso archipiélago de metálicos cerca as heredades, fincas e predios camariñáns. A picaresca española elevada á categoría de arte pola necesidade fixo fortuna no noso concello reciclando moitos dos metálicos que daban soporte a aqueles mullidos e criminales colchóns de espuma que tantas espaldas arruinaron e tantos lumbagos trouxeron consigo. Despois de máis de dous meses de rastrexamento intensivo, camarinas.eu rende a debida homenaxe a unha das institucións camariñanas clave: o metálico cercador de heredades. Camarinas.eu procede a publicar unha amplia galería fotográfica que retrata definitivamente a Camariñas como o Imperio do Metálico.

     
    Praia Grande de Reira en Camarinas
    (115 votos)

    A Praia Perfecta

    Unha gran balea de area varada aos pes do Vilán, símbolo de sumisión ao máis fermoso dos faros
    Unha gran balea de area varada aos pes do Vilán, símbolo de sumisión ao máis fermoso dos faros

    Foi o pensador político británico do século XVIII Edmund Burke o autor dunha frase que sempre me intrigou e da que nunca cheguei a captar moi ben o seu sentido: "España, esa ballena varada en las costas de Europa". Digo esto porque xa que estamos falando de asociacións estranas, esa pequena illa alargada de area que se forma na Praia Grande de Reira con motivo das súas oceánicas baixamares sempre me recordou a unha balea varada na máis espectacular das praias de Reira e fai que surxa a analoxía ca obra do gran teórico político inglés, enemigo pechado da Revolución Francesa e do seu escaso respeto pola  tradición legal e pola vida humana individual. 

     
    Reportaxe: Festas do Carme Camarinas 1987
    (41 votos)

    ¿As Festas do Carme máis longas que se recordan?

    Image

    Agora que está prácticamente a piques de iniciarse ca Virxe do Monte a temporada de festas do ano 2009 no Concello de Camariñas, en camarinas.eu seguimos rescatando do olvido da historia os diferentes boletíns que en tempos se teñen publicado con motivo das Festas do Carme, deténdonos desta vez en 1987, ano en que unha comisión capitaneada como Presidente de Honor polo noso amigo e usuario Xosé Luis Blanco Campaña ideou un programa de seis días de duración onde en principio estaba previsto ata un pregón a cargo do actor Sancho Gracia ("Curro Jiménez"), un Festival da Canción Mariñeira, a participación de Los 3 Soles del Paraguay e dos mariachis do Ballet Folklórico da Universidade de Colima, México, e un impresionante fin de festa a cargo dunha Ana Kiro que naquel tempo vivía os momentos álxidos da súa carreira. Pulsa na imaxe para ver unha nova reportaxe de camarinas.eu que segue a recordar todas aquelas manifestacións culturais e xornalísticas que antecederon no tempo a chegada do xigante cibernético da Costa da Morte.

     
    Ruta do Romanico da Costa da Morte
    (66 votos)

    Xaviña e Santa Mariña incluidas na Ruta do Románico

    Unha viaxe cultural aos tempos remotos da Edade Media da man da web maís vista da Costa da Morte
    Unha viaxe cultural aos tempos remotos da Edade Media da man da web maís vista da Costa da Morte

    Foi nos tempos que seguiron a aquel ano 1.000 no que supostamente debía desaparecer o mundo no medio dun Apocalipsis no que o Anticristo faría a súa chegada triunfal a esta terra pecadora, en pleno século XI, cando nunha Europa Occidental sumida na fame e a ignorancia surxío un estilo arquitectónico caracterizado polos arcos de medio punto, os fortes pilares  e certo estilo pétreo e monacal que despois sería estilizado no paso ao arte Gótico e que deixou tamén a súa pegada nesta terra antiga e cristiana do Concello de Camariñas. Concretamente nas Igrexas de Santa María de Xaviña e de Santa Mariña de Tosto, tal e como recolle a Ruta do Románico da Costa da Morte que ven de ser elaborada pola Asociación Neria. Pulsa na imaxe para visitar da man de camarinas.eu os dous templos máis antigos destas terras milenarias.

     
    << Inicio < Ant. 1 2 3 4 Seg. > Remate >>

    Resultados 1 - 10 de 39

    Nosos Patrocinadores

    Notas de prensa

    (15/03) Cronica do Encaixe-camarinas vs. lavadores

    Nota de prensa que nos envía a dirección do Club Balonmán Feminino Encaixe-Camariñas e que nos resume o acontecido nesta última dobre xornada que enfrontou ao equipo...
    Ler todo ...

    (12/03) Previa do partido Encaixe-Camarinas vs. Lavadores

    Nota de prensa recibida dende a dirección do Club de Balonmán Feminino Encaixe-Camariñas que nos comenta polo miúdo esta vindeira xornada dobre que será disputada es...
    Ler todo ...

    (06/03) Previa Porriño vs. Encaixe-Camariñas

    Nota de prensa que nos envían dende o Club de Balonmán Feminino Encaixe-Camariñas e na que se nos desgrana polo miúdo o próximo partido que enfrontará as nosa...
    Ler todo ...

    (02/03) Nota para os traballadores da construccion

    O próximo 31 de decembro de 2011 os traballadores e traballadoras do sector da construción para desenvolver o seu traballo deberán estar en posesión da Tarxeta profesio...
    Ler todo ...

    (02/03) Concurso de Baile Tradicional Galego na Ponte do Porto

    O vindeiro 11 de marzo remata o prazo para inscribirse no "II Concurso de Baile Tradicional Galego Feira da Ponte do Porto" ...
    Ler todo ...