×

Erro

Disk full (/var/tmp/#sql_3738_0); waiting for someone to free some space...

15 anos do Prestige: A negra sombra que, aínda hoxe, nos asombra

13 de novembro de 2002. Son as 6 da mañá e un cheirume a fuel invade, pouco a pouco, Santa Mariña. As 6.30 os primeiros mariñeiros e mariscadores que baixan ata o Casoliño e Ríos, enseadas naturais que facían de porto á brava flota destes auténticos lobos de mar, atopáronse cun fedor insoportable e un manto negro coma morte que todo o cubría: os petóns que emerxían do mar, as chalanas fondeadas ao abrigo dos temporais, os areais, o mar todo era negro como a noite mais escura. Negro todo, como un pesadelo, coma un desgarro da alma. ...

Visita á Cidade da Cultura

O conxunto arquitectónico do Mausoleo de Gur-e Amir, enclavado na cidade uzbeka de Samarkanda, constitúe ao decir dos entendidos unha das sete maravillas da Humanidade. Coronado pola súa grandiosa cúpula de doce metros de altura e quince de diámetro, elaborada por unha constelación de azulexos de cor azul celeste sobre fondo de ladrillos de terracota, caracterízase por albergar a tumba do Emperador Timur, o home que entre 1382 e 1405 ao fronte dos seus exércitos e a través dunha sucesión de campañas militares dunha crueldade inaudita conquistou toda Asia Central, dende China ata Turquía, dende o actual Kazajstán ata a...

Cara Oculta da Pedrosa

Existe unha cara norte do Monte da Pedrosa, esa mesma que fai fronte ao vento nordés, que priva dunha hora de sol á praia á que da nome e en cuias orixes ata non hai moito se podía contemplar cotidianamente nos meses de agosto e setembro aos recolectores de caramiñas apañando o fruto nacional camariñán. Falamos da cara visible da fronteira límite, kilómetro cero, dos areais salvaxes de Reira, o lugar que marca o inicio (ou o final, según corresponda) do conxunto de praias posiblemente máis fermoso da Costa da Morte. Pero hai outra cara da Pedrosa, máis segreda, máis inaccesible, máis recóndita, ruta...

Visita á Furna de Herba

Ao longo de todos estes anos, toda unha vida, estivo alí: agazapada nun recodo do camiño, oculta ás miradas furtivas dos viandantes que unha e outra vez pasaban polas súas alturas, constituindo o derradeiro paso dunha vía de auga na que antes se atopaban o así denominado Geymes ou a Fontetanboa, pero non foi ata unha tarde nas idus de abril dun ano na segunda década do s. XXI, aproveitando a apertura dunha serie de senderos ata o mar polas brigadas de loita contra incendios da Xunta de Galicia, cando un xoven reporteiro e o seu intrépido e fiel acompañante, tal vez rememorando as andanzas plasmadas no mundo do cómic...

Os Camiños da Auga

Chega o inverno a Camariñas e un manto eterno de auga xélida cubre os camiños, os campos e as almas e entón un non pode evitar lembrar as palabras do mestre de Iria Flavia, aquelas de "chove mansamente e sen parar, chove sen gañas pero cunha infinita paciencia, como toda a vida, chove sobre a terra que é da mesma cor que o ceo, entre blando verde e blando gris cinzento". Porque chove, en efecto, pasado o Día do Pilar a auga empeza a caer sobre  a terra e o mar, sobre os pinos, os eucaliptos, os carballos e as...