Escrito por Redacción Camarinas.eu    Miércoles, 29 de Junio de 2011 07:26   
Accidente mortal de circulación
Ponte do Porto - Sucesos na Ponte

Imaxe do lugar do suceso instantes despois da traxedia

Tráxicamente a carretera volvío tinguir de loito ao Concello de Camariñas. Faltaban poucos minutos para as 21:00 horas deste malhadado martes 28 de xuño de 2011 cando no kilómetro 1,2 da vía que une Ponte do Porto con Camelle o Renault Megane do xoven Ismael Romero Grela de 22 anos e natural de Dor saíase da carretera, despeñábase por un terraplén duns 5 metros cara o leito do Río Porto e falecía como consecuencia da brutal colisión. Inmediatamente desplazábanse cara o lugar de autos unha dotación de Protección Civil de Camariñas así como dúas patrullas de tráfico que nembargantes pouco podían facer xa para evitar unha nova traxedia nas nosas carreteras.

Dous acompañantes do xoven falecido eran trasladados á instalacións hospitalarias como consecuencia dun accidente nun punto negro que xa no pasado dou probas da súa perigosidade. Como suele ser habitual nestes casos tamén podíase verse por alí ao alcalde camariñán Pichurri que pouco podía facer senón constatar a realidade deste novo drama. O rapaz siniestrado vivía na parroquia porteña de Dor ca súa avoa mentras os seus pais estaban a residir nas Illas Canarias, a onde habían emigrado por cuestións laborais. Ao coñecer esta tráxica nova, colleron de inmediato un vo cara a Península completamente abatidos pola perda do seu fillo. O impacto na Ponte do Porto foi grande e fálase que poderían ser suspendidas as Festas de San Pedro. Nestes duros momentos nos que ningunha palabra nin ningún feito pode servir de consuelo cara esta aflixida familia, dende camarinas.eu nembargantes envíamoslle o noso máis sinceiro pésame e animamos aos nosos lectores a que acompañen aos familiares nestes duros momentos.

Comentarios   

 
+2 #11 RE: Accidente mortal de circulaciónMBCA 30-06-2011 14:08
o meu pesame a sua familia..vaia x dios que desgracia!!!
Citar
 
 
+1 #12 RE: Accidente mortal de circulaciónrubiasexy 30-06-2011 18:48
bueno dar o meu sentido pesame a esta familia , unha desgracia muy grande sefa e os pedros camariñas
Citar
 
 
+1 #13 RE: Accidente mortal de circulaciónE logo ti de quen es 30-06-2011 20:04
O meu máis sinceiro pésame á familia e amigos de Ismael e moitos ánimos a o seu irmán Sergio.

Tino Rogero Figueiras e Daniel Rogero.
Citar
 

Escribir un comentario


Artigos relacionados que che poden iinteresar:

30 días antes
Accidente de coche na Ponte
Unha das institucións máis senlleiras do Concello de Camariñas, o centenario Casino da Ponte do

696 días antes
Accidente mortal de circulación
Tráxicamente a carretera volvío tinguir de loito ao Concello de Camariñas. Faltaban poucos minu

908 días antes
Grave accidente de circulación
Este domingo 28 de novembro de 2010 recibíamos aquí na redacción de camarinas.eu un auténtico

1168 días antes
Accidente de Trafico no Paseo Maritimo
Noite de accidentes en Camariñas   Estado no que se atopada o automóbil siniestrado momento

1269 días antes
Accidente na carretera Vimianzo - Camarinas
Un burro atropellado na carretera Vimianzo a Camariñas   Ata o lugar trasladouse unha ambulanc
Por favor, registrate para calificar.