Escrito por Redacción Camarinas.eu    Miércoles, 22 de Febrero de 2012 09:50   
Ramón Alonso Correa D.E.P.
Ponte do Porto - Sucesos na Ponte
Este martes morría no seu domicilio da Ponte do Porto Ramón Alonso CorreaEra unha Torrot verde, de paseo, e debía ser a principios dos anos 80. Esa foi a primeira bicicleta da miña vida: unha tarde de primavera, por sopresa, meus pais alá me levaron a unha tenda que ás veces tamén facía de taller, na Rúa Outeiro, na Ponte do Porto. Entre varias ducias de bicicletas postas á venda, finalmente acabei escollendo aquela que marcaría o meu devenir ciclista. Despois virían outras, unha finísima Peugeot negra de carreiras ou un costoso modelo fabricado baixo os máis modernos parámetros da tecnoloxía punta no lonxano Estado soberano de Wisconsin (USA) e que practicamente se levou enteiro o que fora o meu primer soldo, pero ningunha como aquela Torrot verde, de paseo, tan arcaica... Este martes 21 de febreiro de 2012, triste martes porteño de carnaval, falecía no seu fogar do Outeiro a causa da súa avanzada idade Don Ramón Alonso Correa, pioneiro do ciclismo na Costa da Morte e propietario da tenda taller onde tantos e tantos rapaces cumprimos a ilusión das nosas vidas mercando a primeira bicicleta. Deixa Don Ramón seis fillos producto da unión ca súa dona Calela, falecida hai vinte anos. O enterro terá lugar hoxe ás cinco da tarde na Igrexa de San Pedro da Ponte do Porto. Vaise con Don Ramón o último arrecendo do auténtico ciclismo, aquel das vetustas tendas taller, dos artesáns de bicicletas, o dos parches para os pinchazos, o das xestas no Tour de Bahamontes, Ocaña, etc... Descanse En Paz.
Por favor, registrate para calificar.
 
Escrito por Redacción Camarinas.eu    Miércoles, 29 de Junio de 2011 07:26   
Accidente mortal de circulación
Ponte do Porto - Sucesos na Ponte

Imaxe do lugar do suceso instantes despois da traxedia

Tráxicamente a carretera volvío tinguir de loito ao Concello de Camariñas. Faltaban poucos minutos para as 21:00 horas deste malhadado martes 28 de xuño de 2011 cando no kilómetro 1,2 da vía que une Ponte do Porto con Camelle o Renault Megane do xoven Ismael Romero Grela de 22 anos e natural de Dor saíase da carretera, despeñábase por un terraplén duns 5 metros cara o leito do Río Porto e falecía como consecuencia da brutal colisión. Inmediatamente desplazábanse cara o lugar de autos unha dotación de Protección Civil de Camariñas así como dúas patrullas de tráfico que nembargantes pouco podían facer xa para evitar unha nova traxedia nas nosas carreteras.
Por favor, registrate para calificar.
 
Escrito por Redacción Camarinas.eu    Martes, 18 de Mayo de 2010 21:53   
Incendio na Centro de Saude da Ponte do Porto
Ponte do Porto - Sucesos na Ponte

Un pequeno incendio provocado por un cortocircuito obrigou a evacuar o Centro de Saúde
Un pequeno incendio provocado por un cortocircuito obrigou a evacuar o Centro de Saúde

Incendio con desaloxo incluido

Recén inaugurado como estaba o seu flamante novo ascensor e na mañán deste martes 18 de mao de 2010 vai e declárase un pequeno incendio no edificio que alberga a Casa de Cultura e o Centro de Saúde da Ponte do Porto. Efectivamente, segundo noticias ás que puido ter acceso camarinas.eu, eran preto das 9:30 desta mañán cando un pequeno fogo ao parecer provocado por un cortocircuito nunha lámpara de barra fluorescente instalada no teito do segundo andar, concretamente na sala de pediatría, causaba un pequeno fogo. As lapas provocaron que se derretise o plástico que recubría a lámpara, o que supuxo unha intensa fumareda que obrigou a evacuar temporalmente á media ducia de usuarios nese momento presentes no Centro de Saúde porteño. Posteriormente, unha vez desprazados ao lugar unha dotación dos bombeiros de Cee e a Policía Local de Camariñas e visto que o fogo non ía a maiores procedíose a efectuar as necesarias labouras de limpeza, volvendo a funcionar a Clínica da Ponte ao longo da mañán sen maiores incidentes. Como conclusión só resta engadir que afortunadamente o flamante ascensor instalado no edificio resultou ileso do fogo provocado por unhas lapas devoradoras.

Por favor, registrate para calificar.
 
Escrito por Redacción Camarinas.eu    Jueves, 10 de Septiembre de 2009 21:28   
Terrible suceso na Ponte do Porto
Ponte do Porto - Sucesos na Ponte

Falece un camioneiro nunha marmolería da Ponte

Un terrible suceso volvío a golpear o Concello de Camariñas ca morte dun camioneiro ourensán
Un terrible suceso volvío a golpear o Concello de Camariñas ca morte dun camioneiro ourensán

Lamentablemente na tarde deste caluroso e veraniego xoves 10 de setembro de 2009 unha desgracia terrible volvío a acontecer no Concello de Camariñas cando cara ás 16:45 horas un camioneiro que estaba a facer unha descarga de material na Marmolería de Daniel Barroso Rial, na Rúa Linares, na zona do Outeiro na Ponte do Porto, falecío ao ser brutalmente golpeado cun toro elevador que estaba a carrexar material, ao caer a carga por causas descoñecidas e desplazarse para atrás a citada máquina de transporte golpeando mortalmente ao traballador, sen que se coñezan polo momento as causas deste suceso. A víctima, Francisco Manuel Capelo Fernández, de 40 anos de idade e natural de Xinzo de Limia en Ourense, foi atendido no lugar polas unidades do 061, de Protección Civil de Camariñas e da Guardia Civil, chegando a desplazarse ata alí un helicóptero do 112 que non chegou a transportar á víctima xa que esta falecera no lugar dos feitos. Dende camarinas.eu lamentamos tan terrible suceso e trasladamos as nosas condolencias aos familiares deste camioneiro ourensán. D.E.P.

Por favor, registrate para calificar.
 
Escrito por Administrador    Martes, 08 de Abril de 2008 12:27   
Atraco na gasolineira da Ponte do Porto
Ponte do Porto - Sucesos na Ponte

A gasolineira da Ponte do Porto atracada este luns

A TVG desprazouse ata a Ponte do Porto este mércores para coñecer o caso
A TVG desprazouse ata a Ponte do Porto este mércores para coñecer o caso

Esta luns pasado 7 de abril a gasolinera da Ponte do Porto foi obxecto dun violento atraco por parte dun descoñecido que chegou a meter un coitelo no pescozo a unha operaria de Camelle que estaba a cerrar a dita gasolineira. O ladrón atacou cun coitelo por detras á rapaza mentras ela recargaba o móbil deste individuo o cal lle quitou a bandoleira dos cartos e pouco máis. Ao parecer foi un atraco algo absurdo xa que, según testemuñas que falaron coa rapaza despois do roubo, o atracador marchou nun coche e aos presentes doulles tempo de coller a matrícula de dito coche e chamar á Garda Civil que rapidamente montou un dispositivo de búsqueda co que o ladrón foi capturado horas despois curiosamente nunha barra americana próxima. Polo que se ve tiña ganas de festa...

Esperemos que a nosa querida amiga da gasolineira se recupere pronto do susto e volva a ser aquela dicharacheira rapaza que nos alegraba o día cada vez que tiñamos que pagar as subas da gasolina. Con respecto ao atracador, non estaría mal que viñera por esta zona da Costa da Morte un juez deses americanos para que lle puxera un bo par de cremosos anos de traballos forzados nunha cárcel desas tan divertidas de Texas.

Por favor, registrate para calificar.
 


Página 1 de 2