Non sabemos se debido aos efectos beneficiosos do curso do Río Grande, á recompensa a unha vida saudable e arranxada, como mandaban os antigos cánones, ou ao residir nunha vila tranquila como a Ponte do Porto pero o caso é que contamos no Concello de Camariñas ca segunda persoa máis lonxeva de Galicia, a vixésimo segunda de España, dacordo cos datos subministrados por Segunda Centena. A avoa do Concello de Camariñas non é outra que Avelina Leis Mouzo, unha veciña porteña de toda a vida que este luns 24 de decembro de 2012, Día dew Noiteboa, cumpría nin máis nin menos que 108 anos.

Para festexar tal aniversario achegáronse pola súa casa do Barrio do Outeiro un alcalde camariñán Pichurri que así comenzaba a súa semana de gloria e un dos dous representantes da Ponte do Porto no Consistorio municipal (o outro, o noso querido amigo Luis Lema): a Tenente de Alcalde Sandra Insua Rial. Alí atopaban a Dona Avelina con todas as súas aptitudes psíquicas intactas, cunha mente rápida como un antílope, fresca como unha leituga e dominada por esa ansia hiperactiva que sempre a caracterizou e que as súas achegadas máis próximas, en especial a súa neta Neves, sempre trataron de atemperar na medida do posible. A súa gran pena: non poder seguir palillando, cometido que se vío obrigada a abandoar con 102 anos por mor do sobreesforzo para uns ollos que viron tanto ao longo de toda a súa vida.

Cento oito anos dan para moito, recollen a experiencia e sabiduría vital dunha existencia comenzada no ano 1904, data na que arrancaba a Guerra Ruso-Xaponesa, na que Valle Inclán alcanzaba un dos seus cumes literarios con "Flor de Santidad" e Anton Chéjov revolucionaba para sempre o teatro con "El Jardín de los Cerezos", se fundaba a FIFA e nacían celebridades falecidas hai xa moito tempo como Cary Grant, Salvador Dalí, Johnny Weissmuller ou Aleksei Nikoláievich Románov. A todos eles, actores consagrados, pintores xeniais, campeóns olímpicos e herdeiros do trono da Santa Rusia, gañoulles de longo a partida esta sinxela muller, veciña porteña de toda a vida, que no Día de Noiteboa do Ano do Noso Señor de 2012 fíxose acreedora con creces do galardón a ser recoñecida como a gran avoa do Concello de Camariñas.

Comentarios   

chuss
+13 # Avelinachuss 27/12/2012 11:09
Guapisima Avelina ,traballadora e solidaria durante toda a sua vida
Denunciar ante o administrador
o importante
+13 # RE: Avelina Mouzo Leis, 108 anoso importante 27/12/2012 11:49
lo importante es llegar a los 108 años como esta esta señora y verla cuando esta fuera de casa colgando la ropa o barriendo da una envidia sana que Dios le conserve siempre esa vitalidad,un vecino del outeiro
Denunciar ante o administrador
jOSE N, Sambade Bals
+8 # Jose N. SAMBADE BALSASjOSE N, Sambade Bals 28/12/2012 00:46
D. avelina yo meacuerdo de usted yo soy do sisto mi mama se llamaba Augenia la felicito por los años que tiene beso
Denunciar ante o administrador
Mariales
+6 # RE: Avelina Mouzo Leis, 108 anosMariales 22/07/2013 23:41
Tuve el placer de conocerla y verla palillar!!!! abuela de una gran amiga!!! Desde Argentina, un abrazo enorme!!!!!!!!!
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.