Escrito por Redacción Camarinas.eu    Miércoles, 20 de Junio de 2012 14:05   
O Club de Lectura Arao do Instituto
Ponte do Porto - Sociedade na Ponte

Club de Lectura Arao no IES Pedra da Águia

Hai uns días os compoñentes dos Clubs de Lectura (alumnos e adultos) fixemos unha saída cara as terras de Álvaro Cunqueiro, visitando a súa cidade natal, Mondoñedo, e algunha outra zona próxima da Mariña de Lugo. Visitamos a catedral máis antiga de España. San Martiño de Mondoñedo e a chamada praia das Catedrais. O único problema foi que a data programada, que non puidemos cambiar, coincidía coa data de celebración das V Xornadas dos Clubs de Lectura, ás que non puidemos asistir, así que lles enviamos un vídeo (nós e o Instituto de Dices-Rois). Con parte das imaxes que gravamos fixeron a montaxe que aquí vos deixo. En breve subiremos ao Canal Vilán o vídeo completo feito no insti.

Fonte: Blog do IES Pedra da Águia

JavaScript no está habilitado!
To display this content, you need a JavaScript capable browser.

Comentarios   

 
+1 #1 RE: O Club de Lectura Arao do InstitutoBeldoña 20-06-2012 17:55
Ó elixir a terra de Álvaro Cunqueiro, dende logo, foi a mellor das eleccións que puideches facer. Non en vano fora a capital do Reino de Galicia, se non que, tamén, fora a dioceses a cal pertenceu a nosa parroquia de Camariñas durante moitos anos, incluída a miña etapa de rapaz.
Parabéns a todas estas rapazas e rapaces amantes da lectura. Cando vos sintades sós, nun bo libro, aí ides atopar a mellor das compañías. E, aos vosos educadores e promotores desa fantástica idea das “ Xornadas dos Clubs de Lectura, darlle as grazas por fomentar tan encomiable labor e, así mesmo, os meus parabéns.

Antonio Puertas
Citar
 

Escribir un comentario


Artigos relacionados que che poden iinteresar:

210 días antes
Marcha de Conviviencia no IES
QUE MARCHA HAI NO INSTI! Está claro que somos un 'insti' con moita marcha. No primeiro intento no

330 días antes
Fin de curso no Pedra da Aguia
"Au Revoir Les Enfants" foi un film pseudobiográfico do director Louis Malle no que relataba a exis

337 días antes
O Club de Lectura Arao do Instituto
Hai uns días os compoñentes dos Clubs de Lectura (alumnos e adultos) fixemos unha saída cara as

351 días antes
Os alumnos pintan o IES Pedra da Águia
Están os de Plástica do IES Pedra da Aguia que non paran. Con Javier ao frente atacan canto atop

453 días antes
Entroido no IES Pedra da Aguia
Continuando co repaso máis exhaustivo posible ao Entroido camariñán do presente exercicio 2012
Por favor, registrate para calificar.