|
|
| Entroido no IES Pedra da Aguia |
| Ponte do Porto - Sociedade na Ponte | |||
Continuando co repaso máis exhaustivo posible ao Entroido camariñán do presente exercicio 2012 a caravana informativa de camarinas.eu detense desta volta no Carnaval organizado entre profesores e alumnos no Instituto porteño Pedra da Aguia. Recollendo unha vez máis a información publicada no seu blog, a web que fixo da plasmación do día a día das boas (e por desgracia das malas: son poucas, pero mui nocivas) xentes de todo un concello un arte, procede a publicar na primeira plana máis vista da Costa da Morte, a de maior credibilidade e independencia, o Entroido do IES Pedra da Aguia 2012, pero mellor que nolo conten os seus propios protagonistas...Outro ano de entroido no Insti. Disfraces, maquillaxe, colores e sabores... Un día distinto, relacións distintas. Ese día non practicamos matemáticas, prácticamos unha coreografía xuntos, profes, profas e alumnos alumnas. Chocolate e baile. Jaime a toda mecha aos mandos do son, Charo facendo filigranas para que todo cadre, o de sempre gravando como pode o que por alí pasa... Non cabe aquí todo o que me pedides de ver. Iremos deixando anacos de vídeo no "Canal Vilán". Estade atentos. De momento aquí queda esta mostra: http://pedradaaguia.blogspot.com/2012/02/e-n-t-r-o-i-d-o-2012-outro-ano-de.html Artigos relacionados que che poden iinteresar:
207 días antes Marcha de Conviviencia no IES
QUE MARCHA HAI NO INSTI! Está claro que somos un 'insti' con moita marcha. No primeiro intento no 327 días antes Fin de curso no Pedra da Aguia
"Au Revoir Les Enfants" foi un film pseudobiográfico do director Louis Malle no que relataba a exis 334 días antes O Club de Lectura Arao do Instituto
Hai uns días os compoñentes dos Clubs de Lectura (alumnos e adultos) fixemos unha saída cara as 348 días antes Os alumnos pintan o IES Pedra da Águia
Están os de Plástica do IES Pedra da Aguia que non paran. Con Javier ao frente atacan canto atop 450 días antes Entroido no IES Pedra da Aguia
Continuando co repaso máis exhaustivo posible ao Entroido camariñán do presente exercicio 2012
|



