Escrito por Redacción Camarinas.eu    Domingo, 29 de Enero de 2012 12:53   
En Dor con Adrián Lijó
Ponte do Porto - Sociedade na Ponte
Adrián Lijó posa no seu querido Dor co Río Grande de fondoAínda sorprendidos polo éxito inesperado dun xoven rapaz do noso concello nun programa televisivo de ámbito nacional e visto o éxito da noticia que se facía eco  delo con máis de 1.300 visitas en apenas uns días, a web líder da Costa ad Morte decidío visitar  ao seu protagonista, Arián López Lijó, no refuxio que ten a súa familia en Dor, parroquia da Ponte do Porto. Para elo puxémonos en contacto cun dos seus mellores amigos, o informático camariñán e usuario e colaborador de camarinas.eu Roberto, co cal visitamos o sábado 21 de xaneiro de 2012 ao héore televisivo que mantivo en vilo a todo un concello durante unhas cantas semanas do ano que recén comenzaba. Nun recodo do camiño, a man dereita segundo se vai cara a Ponte do Porto, desviámonos da carreteira principal e adentrámonos nun remanso de paz, salpicado aquí e alá por confortables e espaciosas casas unifamiliares, rodeadas por bosques de pino, campos de labranza e o Río Grande, maxestuoso e calmo, como fronteira deste prácido verxel rural. Dous cans de raza labrador anteceden a Adrián na benvida. Xa no salón do seu fogar e baixo a sombra dunha espectacular biblioteca que escala ata o teito e que fai necesaria unha escada para descubrir os seus innumerables tesoros literarios, ten lugar unha amistosa e amena conversa na que Adrián nos conta os pormenores do seu éxito.

"Eu realmente o programa ao que presentei unha instancia foi "El Comecocos", dado que son membro do Grupo de Debate da miña facultade, a de Dirección e Xestión de Empresas, e no cal sí tiña un pequeno papel a xornalista Mercedes Milá, pero en estas por problemas de audiencia o programa foi retirado da parrilla e entón dende a cadea déronnos a posibilidade de participar no que o ía substituir "Dale al rec". Aceptei de inmediato porque sempre tiven desenroladas as miñas capacidades memorísticas gracias á miña profesora de matemáticas e alá fun a Barcelona para participar nas probas. Fun aceptado e empecei a concursar en Dale al Rec a razón de catro programas por día, feito polo cal tíñamos que levar cada viaxe na nosa equipaxe varias mudas de roupa para cambiarnos, dado que os programas íanse televisar en días distintos: camisas e polos a raias absolutamente prohbidos por cuestións técnicas".

Unha vez que a conversación flúe tranquilamente, fan acto de presencia os pais de Adrián, profesores de toda a vida no veciño Colexio de Infantil e Primaria O Allo, na Ponte do Porto, persoas dunha amabilidade exquisita e que nos fan sentir como si nos atopáramos no noso propio fogar. Alí, entre bromas, Adrián nos confía o destino que lle dará aos 37.000 euros tan gloriosamente conquistados no programa da Cadea Cuatro: "Unha mariscada para os colegas e unha viaxiño que xa tiña previsto ca miña moza, pero a París ou un sitio así, nada de botar a casa pola ventana, que aos cartos gañados na tele hai que descontar o pico que vai para Facenda". Así, unha vez coñecida a persoalidade afable, amistosa, simpática do héroe televisivo que de tan gran maneira nos intrigara, alá fomos ás beiras do río Grande a sacar unhas cantas fotografías que inmortalizasen ao héroe televisivo que nuns cantos días de xaneiro de 2012 asombrou ca súa capacidade memorística a toda unha nación e mantivo en vilo a todo un concello. Ao lonxe, as Torres milenarias de Cereixo contemplaban a escea.

Desde Camariñas con amor



Galería de fotos


IMG_6165
IMG_6166
IMG_6167
IMG_6168
IMG_6170
IMG_6172
IMG_6173
IMG_6175
IMG_6176
IMG_6177
IMG_6178
IMG_6180
IMG_6182
IMG_6183
IMG_6184
IMG_6185
IMG_6186
IMG_6187

Por favor, registrate para calificar.

Noticias Relacionadas:
Noticias máis novas na mesma categoría:
Noticias máis antigas na mesma categoría:

 

Comentarios  

RE: En Dor con Adrián LijóÍcaro 29-01-2012 19:20 #

Home, dos mellores non sei, pero sí un vello amigo. ¡Qué recordos do instituto! Felicidades de novo, Adrián

Responder | Responder con una citación | Citar
NoraboaE logo ti de quen es 29-01-2012 21:04 #

Da gusto ver buenas noticias en las que Camariñas es protagonista, enhorabuena.

Responder | Responder con una citación | Citar

Escribir un comentario

Camarinas.eu resérvase o dereito a publicar ou non calquer comentario ingresado por calquer visitante ou usuario desta web. Así mesmo procederase a borrar cando sexa posible calqueira comentario que non estea relacionado coa noticia sen previo aviso.


Código de seguridad Refescar

Ponte do Porto

Sociedade na PonteGran Festa de Carnaval na Ponte do Porto

article thumbnail

Próximas festas na Ponte do Porto
Un só local da Ponte do Porto é capaz de producir noticias a diestro e siniestro: Pub O Pincho Sempre foi a Ponte do Porto unha terra de mulleres  [ ... ]


Curiosidades na PonteInstalacion dun ascensor no Centro de Saude

article thumbnail

Para facilitar a accesibilidade ao Centro de Saúde estanse a executar as obras do ascensor Todos aqueles que por mor dos males que solen azotar o feble corpo humano nestas xélidas datas v [ ... ]


Curiosidades na PonteObras no Campo de Fútbol da Grixa (III)

article thumbnail

Unha tupida e delicada alfombra natural empeza a cubrir o leito do Campo da Grixa. Nun dos seus laterais a primeira grada cuberta da súa historia xa é unha realidade. Deberon pasar máis de corenta  [ ... ]


Sociedade na PonteCumpreanos de Jose Manuel "O Chivas"

article thumbnail

José Manuel "O Chivas", 40 anos Jose Manuel O Chivas feliz coma un enano ca capa de espadachín medieval propia dos tunos Vai de cumpreanos. Pero  esta vez facemos unha e [ ... ]


Outros artigos da Ponte do Porto