Escrito por Redacción Camarinas.eu    Sábado, 01 de Octubre de 2011 17:57   
Excursion no IES Pedra da Águia
Ponte do Porto - Sociedade na Ponte
Os rapaces do IES Pedra da Águia pasarono pipa na excursiónA verdade é que o ambiente cibernético que se respira en Camariñas (a pesar de algunha que outra mamarrachada que se publica por ahí adiante) está a ser cada vez máis grande e interesante e, a pesar da dificultade que ten esto de seguir tódolos días os numerosos blogs que inundan este ambiente, sempre existe un momentiño para descubrir por casualidade unha boa noticia publicada nun destes tantos blogs camariñáns de gran calidade. E atopámolo desta vez (outra vez) no blog que tan ben levan dende a biblioteca do IES Pedra da Águia da Ponte do Porto dende o cal acaban de organizar unha excursión polo incomparable parace que descorre pola costa de Camelle ata Soesto. Alí os raparigos (e non tan raparigos) pasárono pipa desfrutando dun espléndido día de paseo entre a natureza e aquí, en Camarinas.eu, queremos mostrárvolo outra vez. Noraboa aos impulsores desta excursión. Noraboa aos profesores do IES Pedra da Águia.

Que non digan que non hai 'marcha' neste Insti. E que marcha! De Camelle a Laxe, pasando por Traba e Soesto. Todo o centro en movimento, un día excelente para camiñar, unha paisaxe marabillosa, o sol que aparece ao chegar a Laxe para o baño final... que máis se pode pedir? Home, xa postos... un pincho de tortilla polo camiño! Pois meu dito meu feito. En Soesto apareceu o servicio de 'catering' (léase  directoria/secretaria) para cumprir colmadamente os nosos desexos.

E que gusto daba verbos a todos/as en marcha (incluso aos que non se deixan fotografar!). Un ano máis queremos agradecerlle a Javier a organización do día e as 'pateadas' previas comprobando tempos e camiños. Só queda desexarnos a todos que esta 'boa marcha' nos dure todo o curso. Que así sexa!

Fonte: http://pedradaaguia.blogspot.com/

Escribir un comentario


Artigos relacionados que che poden iinteresar:

210 días antes
Marcha de Conviviencia no IES
QUE MARCHA HAI NO INSTI! Está claro que somos un 'insti' con moita marcha. No primeiro intento no

330 días antes
Fin de curso no Pedra da Aguia
"Au Revoir Les Enfants" foi un film pseudobiográfico do director Louis Malle no que relataba a exis

337 días antes
O Club de Lectura Arao do Instituto
Hai uns días os compoñentes dos Clubs de Lectura (alumnos e adultos) fixemos unha saída cara as

351 días antes
Os alumnos pintan o IES Pedra da Águia
Están os de Plástica do IES Pedra da Aguia que non paran. Con Javier ao frente atacan canto atop

453 días antes
Entroido no IES Pedra da Aguia
Continuando co repaso máis exhaustivo posible ao Entroido camariñán do presente exercicio 2012
Por favor, registrate para calificar.