Banner Top

Log in

Unha profesora exemplar na Ponte

  • Escrito por Redacción Camarinas.eu
  • Published in Sociedade
Auri deixa o IES Pedra da Águia despois de tantos anos de traballo
Desde Camarinas.eu procedemos a publicar unha nova leida no blog do IES Pedra da Águia da Ponte do Porto e que nos conmocionou profundamente. Trata esta nova sobre a marcha dunha profesora deste instituto que é xa para moitos de nos unha institución dentro e fora do Concello de Camariñas. Estamos a falar da nosa profesora Auri. Este é o homenaxe que lle fan os seus compañeiros de docencia dende o IES Pedra da Águia e no cal podemos ler unhas palabras dela mesma e que procedemos a publicar íntegramente. Ata Sempre Auri:
Este curso que acaba ten un sentimento especial, moi especial, entre a alegría e a tristeza. Alegría porque queremos desexarlle a Auri o mellor, e porque queremos celebrar con ela todos estes anos de traballo, de dedicación, de saber estar en cada momento, sobre todo nos difíciles, de aprendizaxe, en fin, para tantos de nós, que fumos sabendo que era isto do ensino seguindo os seus pasos.

E estamos tristes porque quedamos, dalgún xeito, orfos. O instituto perde unha gran profesional. Na biblioteca perdemos, ademáis, un dos pilares máis sólidos que tivemos en todos estes anos de funcionamento, primeiro co apoio desde a dirección (anos duros, de crear un ‘instituto’ onde só había un local valeiro) e logo como colaboradora imprescindible e incansable. Sempre disposta a botar unha man, sempre aí cando se lle necesitaba, sacando traballo adiante, en tantas cousas que as veces non se ven desde fora, pero que son as que facilitan que todo funcione.

Podería dicir moitas cousas sobre estes anos, pero ela mesma o di mellor do que podería decilo eu. Estas palabras son súas:


Eran outros tempos, outro século… Hai desto uns corenta anos, tiña 19 anos recén cumpridos. Convenientemente instruída por miña nai, unha excelente mestra, empecei a traballar en Santa Mariña (Camariñas)… Quixera que puidésedes imaxinar aquela escola pechando os ollos. Sobre a corte duns burros (creo que eran 3), nuns bancos corridos, sen respaldo, 75 nenos e nenas mirábanme con curiosidade esperando aprender. Non había televisión e non coñecían a maioría das cousas máisAuri nunha imaxe recente sinxelas que poidades imaxinar… Lémbro o meu primeiro día de clase, con todos aqueles nenos e nenas louros, cos ollos ben abertos, tan asustados coma min. Supoño que lles ensinei algo…, eu aprendín moito con eles. Para min o seu mundo era totalmente alleo, non comprendía nin tan sequera o que falaban (galego), dicían palabras coma caluga, rebuldar, preguiceiro… que eu nunca antes escoitara.

Fun cambiando de destino e seguín aprendendo cos meus alumnos: Ortigueira, Mugardos... e co meu SEAT 600 crucei toda España para chegar ata El Campillo na provincia de Huelva. Acabei volvendo por azar ao principio da miña andaina, no concurso de traslados déronme A Ponte do Porto (ano 1978) e aquí quedeime.

Percorrín as diferentes etapas educativas: infantil, primaria, secundaria e fun coñecendo as innumerables reformas educativas.

Para min o traballo foise convertendo nunha das partes máis importantes da miña vida. Aprendín, xunto cos meus compañeiros, a sacarlle partido a todo o que ocorría arredor da escola… Fun collendo confianza e seguridade e cheguei a disfrutar de traballar en liberdade, con seguridade do que se debe facer o o que non se debe facer nunha clase, e coa liberdade tamén chegou a alegría de vivir unha aventura cos rapaces, de abrirlles portas, de serlles útil, de ... Non acabaría nunca de dicir todo o que os meus alumnos e alumnas me aportaron, a cantidade de cousas que aprendín con todos e cada un eles! O mellor é que aínda hoxe, cada día, aprendo algo novo e teño a ilusión de que tamén eles aprenden comigo.

Voume satisfeita do traballo realizado. Espero que todos vós disfrutedes tanto dun traballo tan fermoso. Prometo non deixarvos de todo e pasar de cando en vez polo instituto, aínda que sei que cada vez me resultará máis difícil.

Querida Auri, disfruta da túa nova vida, pero non nos abandones de todo, aínda te necesitamos. Aínda te necesito. Un bico.

Comentarios   

Beldoña
+2 # FELICIDADESBeldoña 30/06/2011 16:52
Pois eu, non teño o pracer de coñecer a esta Señora, mais, ó ler a historia de súa vida, venme o recordo os meus mestres da miña infancia.
É algo que xamais se esquece. En todos nós queda, de por vida, esa figura agarimosa e paternal do bo docente que se desvive polos seus alumnos. Eses consellos, e esas boas formas de saber estar na vida, han ser o espello onde nos imos mirar de maiores.
Dona ÁUREA, ¡ FELICIDADE ! E QUE GOCE DO SEU MERECIDO DESCANSO, COA SATISFACCIÓN DA SÚA LABOR CUMPRIDA.

Antonio Puertas
Responder | Denunciar ante o administrador
karina
+2 # RE: Unha profesora exemplar na Pontekarina 30/06/2011 18:15
acabo de leer a noticiaa é a verdad k me dá moita pena k se vaia auri,,unha gran maestra,dos pes a cabeza,este ano doulle clases a miña filla a cal estubo moi contenta con ela,,,moita sorte auri estés donde estés ,desexocho de corazon,,,KARIN A)(nai de karen)=
Responder | Denunciar ante o administrador
Noel Blanco
+2 # RE: Unha profesora exemplar na PonteNoel Blanco 30/06/2011 18:50
Está claro, que nun colexio algúns profesores destacan sobre outros, pero non só pola súa capacidade ou habilidade para impartir unha clase senon tamén, é sobre todo, pola súa implicación na aprendizache dos seus alumnos. Sen dúbida, lembro a Auri como un gran mestra, porque non se reducía a dar uns coñecementos teóricos que ó fin ao cabo nalgún momento íbamos a esquencer, senon tamén pola súa forza para transmitirnos a nós, aos seus alumnos, outra maneira de ver a ensinanza.
Deséxoche todo o mellor. Un bico, Noel.
Responder | Denunciar ante o administrador
Adrián Lado Andrade.
+1 # Alumno de Aurea.Adrián Lado Andrade. 01/07/2011 11:36
Aurea vaiseche botar moito de menos polo instituto..! Porque a verdad ensínachesme moitas cousas que o longo dos anos me vai a servir de moita axuda.
Espero que pases polo instituto de vez en cando! E que sempre e acordes de nós!
Unha aperta!
Adrián.
Responder | Denunciar ante o administrador

Engadir un comentario

3°C

Camariñas

Partly Cloudy

Humidity: 100%

Wind: 3.22 km/h

  • 22 Dec 2014 13°C 3°C
  • 23 Dec 2014 13°C 7°C
Banner 468 x 60 px