Escrito por Redacción Camarinas.eu    Jueves, 09 de Septiembre de 2010 09:49   
Sociedad Gastronomica La Ponderosa
Ponte do Porto - Sociedade na Ponte

Outra comellada na Villa Ponderosa

Se estivéramos a falar do País Vasco, os feitos que cíclicamente acontecen no Rancho ou Estancia así denominada "La Ponderosa" (San Martiño de Ozón, término municipal de Muxía) constituidos por un grupo variado de varóns de mediana edade arremolinados en torno a uns fogóns e a unha ben surtida mesa das mellores viandas, todo elo preparado, condimentado  e executado por mans masculinas, merecería o moi honorífico e respetado nome de Sociedad Gastronómica. Nembargantes, como estamos a falar de Galicia, un pobo como ben é sabido carente das dotes innatas para a propaganda, o autobombo e fantochismo típico doutros lares, os feitos acontecidos na mencionada Villa La Ponderosa denomínanse co más enxebre e humilde, risible incluso, de "enchenta" e todos contentos.

Por elo, vendo a inxustiza do caso presente, sentindo con rabia no máis fondo da alma e bágoas cáseque nos ollos a nova discriminación que se lle está a infrinxir á patria galega en comparanza con outros pobos (máis ben nacións) da xeografía hispana, aquí en camarinas.eu decidimos envolvernos na bandeira galega e comenzar públicamente o proceso para a conversion xurídica en Sociedad Gastronómica do grupo de varóns maiormente porteños unidos pola querencia ao bon yantar e o bon beber que se reúnen periódicamente na Villa La Ponderosa. De feito os servizos xurídicos de camarinas.eu están xa ca confección dos estatutos que reglamenten a vida da nova asociación que nace. E nun concello no que presidentes, secretarios, vocales e comodoros de asociacións de todo tipo se contan por centos, tal vez por miles, sendo difícil (prácticamente imposible) atopar un só veciño no que non recaia un dos cargos anteditos, como non podía ser menos propoñemos como Presidente vitalicio a José Martínez Ferrío. Terrateniente, amo y señor de La Ponderosa, conductor do camión do servizo municipal de recollida de lixo, elegante anfitrión, experimentado chef, exquisito gourmet con licenciatura cum laude na esixente e elitista facultade gastronómica de Aldea Madeira, ex-presidente do FC Porteño, lector habitual de camarinas.eu... reúne en si tódalas condicións necesarias para o leal e sabio desempeño do cargo. Todo elo quedou perfectamente demostrado ca enchenta acontecida o último domingo de agosto nun festivo despiporre ao máis clásico estilo porteño no que comida e bebida correron a torrentes e que puxo de manifesto a necesidade de acelerar os trámites necesarios para reinvindicar ante outros pobos (nacións) destas terras antigamente chamadas España a gastronomía de Galicia. Que a revolución galega comence arredor dunha boa mesa.

Por favor, registrate para calificar.

Noticias Relacionadas:
Noticias máis novas na mesma categoría:
Noticias máis antigas na mesma categoría:

 

Escribir un comentario

Camarinas.eu resérvase o dereito a publicar ou non calquer comentario ingresado por calquer visitante ou usuario desta web. Así mesmo procederase a borrar cando sexa posible calqueira comentario que non estea relacionado coa noticia sen previo aviso.


Código de seguridad Refescar

Ponte do Porto

Festas na PonteSardiñada de San Pedro na Ponte do Porto 2010

article thumbnail

Varios centos de persoas puideron degustar o sabor das sardiñas ás beiras do maxestuoso fluir do Río Grande Comenza a semana do despiporre porteño Aquí en camarinas.eu non sabe [ ... ]


Festas na PonteCarnaval 2011 no Pincho

article thumbnail

Un ano máis acude camarinas.eu ao seu compromiso perenne cas festas do Entroido. Esta edición o pistoletazo de saída co Carnaval 2011 para camarinas.eu darase ca impresionante cea que a Pulpería-R [ ... ]


Curiosidades na PonteRetorno a Villa La Ponderosa

article thumbnail

De igual forma que un daqueles cabaleiros que voltaban á calqueira das mansións señoriais sureñas despois da Guerra de Secesión, así retornaba camarinas.eu nos días centrais de agosto de 2011  [ ... ]


Sociedade na Ponte2º Concurso Baile Tradicional Ponte do Porto

article thumbnail

Co fondo plástico dun virxinal ceo azul, os espectadores desfrutaron do Baile Tradicional GalegoCorcubión, gañador finalAlí, sobre as pedras dun Paseo Fluvial que absorto contemp [ ... ]


Outros artigos da Ponte do Porto