Escrito por Redacción Camarinas.eu    Miércoles, 04 de Agosto de 2010 12:13   
Churrascada-Sardiñada no Pub O Pincho (II)
Ponte do Porto - Sociedade na Ponte
Este venres 30 de xullo o Pub O Pincho fixo historia cunha espectacular churrascada-sardiñada
En principio parecía un acontemento máis, insulso, repetitivo, desos que a centos de miles se levaban a cabo nos distintos locais de Galicia á esa mesma hora, pero mentres en data tan histórica como o derradeiro 30 de xullo de 2010 a eso das 20:30 horas en Camariñas na Casa Consistorial ardía Troya na Ponte do Porto estaban que o pasaban pipa... Executando outro dos seus típicos experimentos de enxeñería social que a diferencia dos que de cando en vez perpetra o Goberno, estos si se caracterizan polo seu éxito rotundo, o Pub Pincho facía historia, aunaba vontades, reconciliaba ás dúas Españas e levaba a cabo simultáneamente unha histórica Churrascada-Sardiñada. Sumar en vez de dividir. Un exemplo de auténtica democracia popular do que se sentirían orgullosos os antigos atenienses e que empañaría de bágoas os allados ollos do mesmísimo Sócrates. Algún día haberá que falar da intrahistoria dun acontecemento chamado a quedar grabado en letras de ouro nos anales patrios e ao que se chegou tras longas e participativas deliberacións duns clientes do establecemento de moda na Ponte do Porto que convertiron a barra do local nunha auténtica asamblea lexislativa. Nestes tempos convulsos, de división e enfrontamento, foi nun local dunha pequena vila, antigo centro comercial e cruce de camiños, onde comenzou a rebelión ciudadana que lle debería enseñar aos grandes xerifaltes do noso país o camiño a seguir. E todo elo cunha idea tan simple como orixinal: unha Churrascada-Sardiñada.

Por favor, registrate para calificar.

Noticias Relacionadas:
Noticias máis novas na mesma categoría:
Noticias máis antigas na mesma categoría:

 

Escribir un comentario

Camarinas.eu resérvase o dereito a publicar ou non calquer comentario ingresado por calquer visitante ou usuario desta web. Así mesmo procederase a borrar cando sexa posible calqueira comentario que non estea relacionado coa noticia sen previo aviso.


Código de seguridad Refescar

Ponte do Porto

Festas na PontePonte do Porto: Festas de San Roque 2010

article thumbnail

A labor dunha moderna comisión de festas non está xa tan só composta polas tradicionais funcións de diseñar un programa de actuacións, de contratar as orquestas, bandas de música e grupos de  [ ... ]


Sociedade na PonteFestas e cenas no pincho en Outubro de 2009

article thumbnail

Fotos das festas organizadas no Pincho estas semanas Despois dunhas semanas intensamente festivas no Pub Pincho acabamos de realizar unha selección das millores imaxes tomadas pola xeren [ ... ]


Sociedade na PonteSociedad Gastronomica La Ponderosa

article thumbnail

Se estivéramos a falar do País Vasco, os feitos que cíclicamente acontecen no Rancho ou Estancia así denominada "La Ponderosa" (San Martiño de Ozón, término municipal de Muxía) constituidos  [ ... ]


Sociedade na PonteClub de Lectura do IES Pedra da Águia

article thumbnail

Xa sabiamos que os alumnos/as do Club de Lectura deste centro non andaban moi ben da cabeza (A quen se lle ocorre andar a ler libros!??) pero é que ultimamente xa empeza a cousa a ser preocupante: d [ ... ]


Outros artigos da Ponte do Porto