Escrito por Redacción Camarinas.eu    Miércoles, 28 de Julio de 2010 14:19   
Churrascada-Sardiñada no Pub O Pincho
Ponte do Porto - Sociedade na Ponte

Doble ración de churrasco e sardiñas para os paladares máis esixentes este venres 30 de xullo no Pub O Pincho
Doble ración de churrasco e sardiñas para os paladares máis esixentes este venres 30 de xullo no Pub O Pincho

Todos quedarán contentos

Nunha data tan emblemática e decisiva para a historia recente de España como a do 30 de xullo, os nosos queridos amigos do Pub O Pincho deciden aunar esforzos, reconciliar posturas irreconciliables, soterrar definitivamente o célebre cuadro de Francisco de Goya e acabar dunha vez por todas co enfrentamento entre as dúas Españas ao celebrar de forma conxunta unha churrascada e unha sardiñada ao mesmo tempo, poñendo fin desta maneira á metafísica e eterna duda, asesina cruel de tantas amistades, familias, matrimonios e reputacións de si levar ás brasas churrasco ou sardiñas. Despois dun asado no que non se desbota a posibilidade da presencia sabia e experimentada dalgún emigrante arxentino de vacacións pola Ponte do Porto e no que se entende se gardará a correlativa separación entre materias primas para que o arrecendo delicado e suave das sardiñas non invada terreos alleos, os asiduos do local de moda na Ponte poderán degustar unha doble ración de manxares. E todo elo sen vellas rencillas, inxustas segregacións, lamentables olvidos co seu corolario de inevitables queixas, lamentos e rencores entre partidarios de ambas posturas. Ponte do Porto, Pub O Pincho, 30 de xullo: o día no que todos quedarán contentos.


Por favor, registrate para calificar.

Noticias máis novas na mesma categoría:
Noticias máis antigas na mesma categoría:

 

Escribir un comentario

Camarinas.eu resérvase o dereito a publicar ou non calquer comentario ingresado por calquer visitante ou usuario desta web. Así mesmo procederase a borrar cando sexa posible calqueira comentario que non estea relacionado coa noticia sen previo aviso.


Código de seguridad Refescar

Ponte do Porto

Sociedade na PonteFestival de Nadal no IES Pedra da Aguia

article thumbnail

Neste festival de fin de ano no noso insti descubrimos, ou máis ben, deixáronse ver por fin, unha chea de talentos do máis diverso. Sabiamos xa de habilidades en danza e coreografía e tamén tià[ ... ]


Curiosidades na PonteRuta Cabalar ata Camariñas

article thumbnail

Despois dun ano de andanzas cabalares polos distintos recunchos da Costa da Morte, faltaba por cubrir o treito que separa a Ponte do Porto ca capital municipal. E fíxose a ruta unha xornada de domi [ ... ]


Deportes na Ponte do PortoO iate Reira triunfa na Ría de Vigo

article thumbnail

Aínda que en Camariñas poda parecer increíble, segue a haber en Galicia institucións náuticas que desenrolan as súas actividades dentro da normalidade e as embarcacións atracadas nos seus panta [ ... ]


Sociedade na PonteFesta de Nadal no Pincho

article thumbnail

E agora no Pincho, Os Reis Magos!!! Este domingo 3 de decembro o Rei Melchor poderá vibrar como nunca coa parroquia do Pincho Pois xa estamos no ecuador destas navidades 2009 e como xa dic&iacu [ ... ]


Outros artigos da Ponte do Porto