Escrito por Redacción Camarinas.eu    Jueves, 17 de Junio de 2010 22:02   
Xuntanza Cabalar da Ponte do Porto
Ponte do Porto - Sociedade na Ponte
Toda unha lexión de namorados dos cabalos congregouse na Ponte do Porto este domingo 13 de xuño de 2010
Toda unha lexión de namorados dos cabalos congregouse na Ponte do Porto este domingo 13 de xuño de 2010

Festa do cabalo na Ponte do Porto

Aparte de servir un dos mellores pulpos e raxos da Costa da Morte, os nosos amigos do Pub O Pincho atrévense a realizar operacións xornalísticas extramuros do local de moda da Ponte do Porto e así este domingo 13 de xuño visitaron o descampado que está situado a carón do Pabellón Polideportivo porteño, xusto detrás do colexio, no que se celebraba con notable éxito de asistencia unha xuntanza cabalar que foi quen de reunir ata a 400 cabaleiros acompañados das súas esbeltas e elegantes cabalgaduras. Desta forma mantense vivo no Concello de Camariñas o legado daquelas concurridas xuntanzas cabalares que se celebraban cada mes de xullo nos paraxes privilexiados de Reira e que desapareceron do mapa sen que se saiba moi ben por que. De feito, nesta nova xuntanza que se celebrou na Ponte do Porto dende a 1 da tarde ata as 10 da noite servíronse arredor dunhas 300 racións de churrasco e o ir e vir de xentes namoradas dos cabalos foi constante e todo un carrusel de tendas de arreos e monturas, de remolques equinos, de camións de ganado, de sombreiros vaqueiros, de robustos e anfibios 4x4, de botas camperas, invadiron a Ponte do Porto e renovaron a homenaxe permanente do Concello de Camariñas ao animal de simbiose máis perfecta co ser humano.

 Noticias Relacionadas

Por favor, registrate para calificar.

Noticias Relacionadas:
Noticias máis novas na mesma categoría:
Noticias máis antigas na mesma categoría:

 

Comentarios  

+1 Cabalos!JABA 20-06-2010 14:55 #

Da justo ver os nenos enriba dos ponys,ke rikiños,Martiña ,ke bonita ela, toda presumida!.E boa pena ke en Camariñas se deixase de facer a xuntanza dos cabaleiros,na ultima ke se fixo paseino bomba,e kolaborei no ke puden,eso ke non teño Cabalo!pero a xente deste pueblo,todo ke sea traballar de balde....malo...!asi nos vai.

Responder | Responder con una citación | Citar

Escribir un comentario

Camarinas.eu resérvase o dereito a publicar ou non calquer comentario ingresado por calquer visitante ou usuario desta web. Así mesmo procederase a borrar cando sexa posible calqueira comentario que non estea relacionado coa noticia sen previo aviso.


Código de seguridad Refescar

Ponte do Porto

Curiosidades na PonteRetorno a Villa La Ponderosa

article thumbnail

De igual forma que un daqueles cabaleiros que voltaban á calqueira das mansións señoriais sureñas despois da Guerra de Secesión, así retornaba camarinas.eu nos días centrais de agosto de 2011  [ ... ]


Curiosidades na PonteObras no Campo de Fútbol da Grixa

article thumbnail

Desgraciadamente, moito vai botar de menos o Concello de Camariñas ao ex-Presidente da Deputación Provincial da Coruña, Salvador Fernández Moreda. Adeus ás subvencións que permitían facer unh [ ... ]


Festas na PonteFestas de San Pedro 2010 na Ponte do Porto

article thumbnail

Instáurase o "Estilo Pincho"  Alfonso Castro e José e Iván Landeira, Comisión de Festas, posan nas Fonte dos Leóns da Ponte do Porto Non sería raro que os m&aac [ ... ]


Deportes na Ponte do PortoLiga da Costa: Porteño 1 - San Lorenzo 2

article thumbnail

Camarinas.eu cun histórico do balompié nacional
O histórico Porteño entrenado polo camariñán Pepucho inicia unha colaboración con camarinas.eu "Aqui está la [ ... ]


Outros artigos da Ponte do Porto