|
|
| Inauguracion da Pulperia Raxeria O Pincho |
| Ponte do Porto - Sociedade na Ponte | |||
A pulpería máis dicharachera da Costa da Morte
Ata os mesmísimos Panchos do Jolfendro non se resistiron aos encantos do Pincho e claro, pasárono pipa O caudal insondable de inventiva, de proxectos innovadores e pioneiros do local de moda na Ponte do Porto ven de dar outra inesperada volta de tuerca e agora veñen de sorprender á súa masiva clientela cun sorpresivo máster en Pulpo e Raxo. Efectivamente, o Pub O Pincho reconvertido en pulpería e raxería especializada tras todo unha dilatada traxectoria de sonoros éxitos na preparación do cefalópodo galego por excelencia e do producto cárnico porcino máis solicitado, honrando destas maneira ás dúas especialidades que os seus clientes máis piden. Nembargantes que non cunda o pánico: seguirán facendo prato do día e comidas variadas, tamén. E para celebrar a nova reinveinción dun local histórico no devenir dos días porteños foron a recalar na Ponte do Porto este domingo a nova sensación da música popular galego, Os Panchos Do Jolfendro de Camariñas, cos seus 27 integrantes e alí bailaron e cantaron e comeron e beberon cos clientes de O Pincho ata cerca das 3 da mañán nunha das máis impresionantes mostras de irmandade porteño-camariñana que se recordan en moitos anos. Algúns ata acabaron por enriba do billar... En fin, unha noticia de impacto cunhas impresionantes fotos de combate que como sempre sirve en exclusiva camarinas.eu.Comentarios:
Noticias máis novas na mesma categoría:
Noticias máis antigas na mesma categoría:
|



Comentarios
Sobre catro patas érguese o polbo,
Resistíndose a morrer abrasado,
E encrava a cabesa e os ollos
Nos larpeiros por fuxir do prato.
As bocas que agardan na mesa
Non queren perder o bocado
E danzan a carón da presa
Que loita por por morrer devorado
Antonio Puertas
sexA polo motivo de celebracion k sexa k boas noites pasamos no pincho en boa compañia. uNHA APERTA
Suscripción de noticias RSS para comentarios de esta entrada.