Escrito por Redacción Camarinas.eu    Lunes, 10 de Mayo de 2010 10:24   
Cumpreanos de Maria Pura Caamaño Castro
Ponte do Porto - Sociedade na Ponte

Maruja da Lus cumpre 91 pletóricos anos rodeada do calor e do cariño dos membros da súa familia
Maruja da Lus cumpre 91 pletóricos anos rodeada do calor e do cariño dos membros da súa familia

Hoxe cumpre 91 anos Maruja da Lus 

Nunha terra na que non é raro que as mulleres cheguen aos cen anos, este 10 de maio de 2010 cumpre 91 anos María Pura Caamaño Castro, máis coñecida como Maruja da Lus na Ponte do Porto, vila na que leva vivindo dende hai xa moitos anos nunha humilde casa do Barrio da Esquipa rodeada do cariño e respeto da súa familia e dos seus veciños. Unha muller que nacía en Cures (Vimianzo) alá polo 1919, tan só tres días despois de que o fixera a célebre primeira dama arxentina Evita Perón, e que despois da man do que foi o seu esposo Francisco Rodríguez Valiña mudouse a vivir cara unha vila porteña que xa nunca abandonaría. E precisamente no día de hoxe, a súa neta Natalia González Rodríguez en nome de toda a súa familia quere felicitar públicamente á súa adorada avóa no día no que chega a uns pletóricos 91 anos a través do medio de comunicación que cada día que pasa axiganta o seu dominio na Costa Atlántica. E cumpre esta avanzada idade en plena forma, con todas as súas facultades intactas e e esperando ilusionada  e ansiosa como corresponde a unha veciña porteña de toda a vida a que cheguen as sagradas festas de San Pedro. Por todo elo, Dona Maruja, dende camarinas.eu desexámoslle un ¡¡FELIZ CUMPREANOS!!

 
Dedicatoria da súa neta Natalia González Rodríguez

Hoxe día 10 de Maio queremos felicitar á nosa avóa María Pura Caamaño Castro, coñecida coma "Maruja da Luz", nacida en Cures pero veciña da Ponte do Porto dende que ela e máis o seu marido Francisco Rodríguez Valiña (natural de Pasarela), elixiran esta localidade para crear o seu fogar. Palilleira de profesión, quedou viuda mui nova e tivo que sacar adiante ós seus 7 fillos coa axuda da súa irmá Oliva e tamén da súa sogra "A Riquela".
 
Ós seus 91 anos Maruja goza dunha excelente saúde envidiada por todos, inclusive os seus 13 netos xa que aínda vive soa na súa casiña da Rúa Esquipa onde se encarga de tódalas labores da casa, cociña e ata palilla no seu tempo libre. Vai a andar tódolos días polo paseo marítimo e lee moitas veces sen gafas, sendo a súa lectura preferida os libros de medicina e as revistas do corazón. Cando chega San Pedro é a encargada de facela comida para toda a familia.

Dende aquí queremos facerlle saber o orgullosos que estamos dela e o moito que a queremos.
¡¡Felicidades abuela!!
Esto vai da parte dos seus 7 fillos, 13 netos, 5 bisnetos e demáis familia.

P.D.: Aquí adxuntamos varias fotos que sacamos cando celebramos o ano pasado o seu 90 cumpreanos no que nos xuntamos a meirande parte da familia.

Galería Fotográfica



Image  Image  Image
Image  Image  Image
Image  Image  Image
Image  Image  Image
Image  Image  Image
Image  Image  Image

 

Por favor, registrate para calificar.

Noticias Relacionadas:
Noticias máis novas na mesma categoría:
Noticias máis antigas na mesma categoría:

 

Comentarios  

+2 FELIS CUMPLEANOSBeldoña 10-05-2010 13:35 #

FELIS CUMPLEANOS, SEÑORA MARUJA.
Que sija cumplíndo moitísimos máis, con salud,para alegría da súa caswa e de todos nós.

Antonio Puertas

Responder | Responder con una citación | Citar
+2 gracias!nataliuska17 10-05-2010 14:40 #

gracias por publicarlo!
felicidades abuela!

Responder | Responder con una citación | Citar
+3 RE: Cumpreanos de Maria Pura Caamaño Castromantida 10-05-2010 18:16 #

Que cumpla muitos mas señora Maruja e desirllle que ten uns filllos,noras,x enrros e netos estupendos.Muitas felisidades.

Responder | Responder con una citación | Citar
+2 RE: Cumpreanos de Maria Pura Caamaño Castrorubiasexy 10-05-2010 23:52 #

feliz cumpleaños que teña muitos regalos que os merese que chejar a eses anos non cheja cal quera sin gafas mima sa eu teño gafas bueno suerte des de fuerteventura sefa

Responder | Responder con una citación | Citar

Escribir un comentario

Camarinas.eu resérvase o dereito a publicar ou non calquer comentario ingresado por calquer visitante ou usuario desta web. Así mesmo procederase a borrar cando sexa posible calqueira comentario que non estea relacionado coa noticia sen previo aviso.


Código de seguridad Refescar

Ponte do Porto

Sociedade na PonteCocido no Pub O Pincho

article thumbnail

Un cocido de primeira calidade puideron desfrutar os clientes do local de moda na Ponte do Porto Da mesma forma que había unha película dos 80 que se chamaba "Todo en un d&ia [ ... ]


Curiosidades na PonteInstalacion dun ascensor no Centro de Saude

article thumbnail

Para facilitar a accesibilidade ao Centro de Saúde estanse a executar as obras do ascensor Todos aqueles que por mor dos males que solen azotar o feble corpo humano nestas xélidas datas v [ ... ]


Festas na PonteA movida volve a Ponte do Porto

article thumbnail

Comezan xa as épocas festeiras navideñas e na Ponte do Porto non podía faltar unha iniciativa para o despiporre final que levará á tumba este desdichado ano 2011. Así os diferentes locais porte [ ... ]


Festas na PontePonte do Porto: Festas de San Roque 2010

article thumbnail

Los Tres Tenores das festas porteñas: Iván e José Landeira e Alfonso Castro Unha comisión de xoves promesas Foise unha das mellores comisións de festas da historia da Costa da Morte e sen [ ... ]


Outros artigos da Ponte do Porto