|
Escrito por Redacción Camarinas.eu
Sábado, 25 de Febrero de 2012 12:00 |
|
| Entroido no IES Pedra da Aguia
|
|
Ponte do Porto -
Sociedade na Ponte
|
| 
Continuando co repaso máis exhaustivo posible ao Entroido camariñán do presente exercicio 2012 a caravana informativa de camarinas.eu detense desta volta no Carnaval organizado entre profesores e alumnos no Instituto porteño Pedra da Aguia. Recollendo unha vez máis a información publicada no seu blog, a web que fixo da plasmación do día a día das boas (e por desgracia das malas: son poucas, pero mui nocivas) xentes de todo un concello un arte, procede a publicar na primeira plana máis vista da Costa da Morte, a de maior credibilidade e independencia, o Entroido do IES Pedra da Aguia 2012, pero mellor que nolo conten os seus propios protagonistas...
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
|
|
|
Escrito por Redacción Camarinas.eu
Viernes, 03 de Febrero de 2012 12:12 |
|
| Club de Lectura do IES Pedra da Águia
|
|
Ponte do Porto -
Sociedade na Ponte
|
Xa sabiamos que os alumnos/as do Club de Lectura deste centro non andaban moi ben da cabeza (A quen se lle ocorre andar a ler libros!??) pero é que ultimamente xa empeza a cousa a ser preocupante: dáselles por afirmar que os libros falan entre eles cando non os vemos, e que incluso están preocupados pola forma de actuar dos lectores. Eu non cría nada disto, pero eles din que deixaron unha cámara oculta e que gravaron o que aquí vedes. Cada un que saque as súas conclusións:
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
|
|
|
Escrito por Redacción Camarinas.eu
Domingo, 29 de Enero de 2012 12:53 |
|
| En Dor con Adrián Lijó
|
|
Ponte do Porto -
Sociedade na Ponte
|
Aínda sorprendidos polo éxito inesperado dun xoven rapaz do noso concello nun programa televisivo de ámbito nacional e visto o éxito da noticia que se facía eco delo con máis de 1.300 visitas en apenas uns días, a web líder da Costa ad Morte decidío visitar ao seu protagonista, Arián López Lijó, no refuxio que ten a súa familia en Dor, parroquia da Ponte do Porto. Para elo puxémonos en contacto cun dos seus mellores amigos, o informático camariñán e usuario e colaborador de camarinas.eu Roberto, co cal visitamos o sábado 21 de xaneiro de 2012 ao héore televisivo que mantivo en vilo a todo un concello durante unhas cantas semanas do ano que recén comenzaba. Nun recodo do camiño, a man dereita segundo se vai cara a Ponte do Porto, desviámonos da carreteira principal e adentrámonos nun remanso de paz, salpicado aquí e alá por confortables e espaciosas casas unifamiliares, rodeadas por bosques de pino, campos de labranza e o Río Grande, maxestuoso e calmo, como fronteira deste prácido verxel rural. Dous cans de raza labrador anteceden a Adrián na benvida. Xa no salón do seu fogar e baixo a sombra dunha espectacular biblioteca que escala ata o teito e que fai necesaria unha escada para descubrir os seus innumerables tesoros literarios, ten lugar unha amistosa e amena conversa na que Adrián nos conta os pormenores do seu éxito.
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
|
|
|
Escrito por Redacción Camarinas.eu
Martes, 27 de Diciembre de 2011 10:02 |
|
| Festival de Nadal no IES Pedra da Aguia
|
|
Ponte do Porto -
Sociedade na Ponte
|
| 
Neste festival de fin de ano no noso insti descubrimos, ou máis ben, deixáronse ver por fin, unha chea de talentos do máis diverso. Sabiamos xa de habilidades en danza e coreografía e tamén tiñamos experiencias estupendas en teatro, tanto de alumnos como de profes. Pero do musical tiñamos poucas mostras nos festivais, a pesar de ter incluso un disco gravado! Só nos deixaban ver unhas pingas en momentos dispersos. Neste festival por fin asistimos a unha maior concentración de músicos e cantantes. De sempre os profes de música (case todos) animaron o "cotarro" (un recordo para Almudena) e Charo non ía ser menos. Esperemos que estes talentos nos sigan deleitando en moitas outras ocasións. O vídeo do festival é moi longo para colgalo enteiro, aquí vos quedan un par de mostras. Terédelo a disposición na biblio, onde o iremos vendo nos recreos, e quedará permanentemente no Canal Vilán, vale? A diasfrutar das vacacións!
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
|
|
|
Escrito por Redacción Camarinas.eu
Viernes, 16 de Diciembre de 2011 19:22 |
|
| Visita científica do IES Pedra da Águia
|
|
Ponte do Porto -
Sociedade na Ponte
|
| 
O pasado venres 18 de novembro, os alumnos e alumnas de 4º de ESO, coñeceron o Instituto de Ciencias Forenses "Luis Concheiro", ubicado na facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela, á fronte do cal se atopa o prestixioso xenetista galego Ángel Carracedo Álvarez. Os rapaces e rapazas recibiron unha charla sobre a importancia da proba de ADN na casuística forense, e sobre o traballo que neste centro se leva a cabo. Ademais, durante a visita guiada polos laboratorios do instituto, achegóuselles ao "día a día" dun equipo de investigación punteiro.
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
|
|
|