Inicio arrow Ponte do Porto
Narrow screen resolution Wide screen resolution default color green color orange color

Usuarios en Liña

Guests: 45
Members: 2

Login!!

Quen está no chat?

    Estadísticas

    Visitantes: 8852026
    Ponte do Porto
    Carnaval 2010 na Ponte do Porto
    (90 votos)

    Agora si damos por finalizado o Carnaval 2010

    Si hai un lugar en este mundo onde se pasa pipa de verdade, ese é o Pub O Pincho da Ponte do Porto
    Si hai un lugar en este mundo onde se pasa pipa de verdade, ese é o Pub O Pincho da Ponte do Porto

    Cumprindo a liña de rigor e seriedade característica de camarinas.eu hai xa dúas semanas que proclamábamos que se daba por finalizada a cobertura do Entroido 2010 ca publicación das fotos  enviadas por Pión referentes ao multitudinario Carnaval de Cádiz, por eso agora procedemos a publicar as do Carnaval 2010 na Ponte do Porto, tanto na Festa da Comisión como no Pub Restaurante O Pincho. Ademáis, facemos chegar ao noso fiel electorado que este sábado 6 de marzo organizará o local porteño de moda  un sustancioso caldo con cocido para todos os clientes que queiran asistir por un módico precio e que tamén estará instalado (siempre a la vanguardia) un impresionante karaoke (en detrimento da omnipresente Orquesta D´satellite que esta vez non acudirá ao Pincho lamentablemente). Así, os asistentes ao local da  Ponte do Porto que percorre os 5 continentes poderán imitar a todos eses executivos xaponeses que coas corbatas desanudadas, con bágoas nos ollos, unha crecente cor carmesí ao longo do rostro e cas venas hinchadas ata os topes de delicioso e nutritivo alcohol  dedícanse borrachos como témpanos a berrear as cancións de moda. Todo elo no Pincho, o local da inventiva inagotable.

     
    Emprendedores.eu: Manuel Martín Castiñeira Vidal
    (83 votos)

    CAVIDENT, a gran clínica dental da Costa da Morte

    A saúde dental da Costa da Morte non pode estar en mellores mans que nas do persoal de Cavident
    A saúde dental da Costa da Morte non pode estar en mellores mans que nas do persoal de Cavident

    Esta vez a sección adicada aos grandes emprendedores do Concello de Camariñas non se detén nun negocio aberto en Coruña ou en calquera outra gran cidade. E sen embargo, por prestacións, por servizos, por dotacións non desbota a calqueira ubicado na mellor das capitais. Estamos a falar da Clínica dental CAVIDENT que o noso querido amigo  Manuel Martín Castiñeira Vidal posúe dende o 1 de abril de 2007 na Rúa da Esquipa Nº 32 da Ponte do Porto.  Unha clínica que ademáis de estar dotada dos aparatos e máquinas máis modernos é atendida por un equipo experto e profesional: o formado por Manuel, dous dentistas, un ciruxano, un anestesista e dúas enfermeiras: Cristina Rodríguez, auxiliar de enfermería, e por María José, esposa de Manuel e nai de Hugo, o filliño de ambos. Un Manuel, especialmente implicado co desenvolvemento e desenrolo do seu Concello xa que ademáis de ser concelleiro pola Ponte do Porto dentro do Partido Popular ou capitán do histórico e mítico Porteño, non dubidou en iniciar unha relación de sponsorización ca web que representa ao seu concello da alma, con camarinas.eu. En fin, queridos usuarios, vendo a impresionante clínica dental que está instalada na histórica Rúa da Esquipa e as sabias mans que a dirixen, xa non hai necesidade de desprazarse a lugares remotos nin a capitais lonxanas. O cuidado da nosa saúde dental: na Ponte do Porto.

     
    Degustacion de orellas e filloas
    (55 votos)

    Este venres na Ponte gran festa de Carnaval

    Unha auténtica bacanal gastronómica terá lugar este venres no Pabellón Polifestivo da Ponte do Porto
    Unha auténtica bacanal gastronómica terá lugar este venres no Pabellón Polifestivo da Ponte do Porto

    Pois xa están aquí, xa chegaron as festas de Carnavales e despois das enchentas que todos nos puxemos no Nadal nada mellor que os bos e cremosos postres cheos de azucre e graxas para completar esta rica dieta á que nos ten condenados a nosa peculiar cultura cristiano-gastronómica. Como xa anunciáramos hai unhas semanas, a comisión de festas da Ponte do Porto tiña previsto organizar unha verbena este venres coa orquesta Marbella e o Grupo D´Satelite pero para facela un pouco máis acorde con estas datas tamén realizarán unha gran degustación de filloas e orellas dende as 10 da noite. Así como un concurso de disfraces que premiará ás comparsas máis orixinais que se acerquen polo Pavillón Polifestivo da Ponte do Porto no que serán intalados uns xogos hinchables para que os rapaces poidan xogar mentras os seus pais bailan e degustan todos os manxares que a comisión de festas da Ponte do Porto ten preparadas para este venres 12 de febreiro.

     
    Gran Festa de Carnaval na Ponte do Porto
    (60 votos)

    Próximas festas na Ponte do Porto

    Un só local da Ponte do Porto é capaz de producir noticias a diestro e siniestro: Pub O Pincho
    Un só local da Ponte do Porto é capaz de producir noticias a diestro e siniestro: Pub O Pincho

    Sempre foi a Ponte do Porto unha terra de mulleres fermosas, e esto quedou ben acreditado co último cumpreanos celebrado no Pincho e ao que acudiron unhas cremosuras que para que vos imos contar... Mellor é velo. Por outra parte, tamén dende antigo a vila porteña foi amiga de dar a alternativa a solistas e cantantes dos máis diversos xéneros musicais, como ben saben os redactores que o presente subscriben, e así o local de moda na vila que foi "La Reina de la Noche" alá nas décadas dos setenta e dos oitenta non dubidou en ofrecer as súas instalacións para un concerto de Los Lombardi, ben glosado cas súas correspondentes imaxes en exclusiva. Finalmente, indicar que a xerencia de O Pincho fíxose cargo da Comisión das Festas de San Pedro e poñerase mans á obra de devolver a Ponte do Porto aos seus días dourados xa este martes de carnaval cunha gran festa recaudatoria no Pabellón Municipal con actuacións da Orquesta Marbella e do imprescindible dúo D'Satélite.

     
    Campeonato de Billar no Pincho
    (51 votos)

    El Color del Dinero

    Paul Newman e Tom Cruise non terían nada que facer ante os maestros billaristas do Pub O Pincho
    Paul Newman e Tom Cruise non terían nada que facer ante os maestros billaristas do Pub O Pincho

    ¡Ay, queridos usuarios, si aquel mítico persoaxe de El Buscavidas, maxistralmente intrepretado por Paul Newman ca súa eterna botella de 10-year-old Kentucky bourbon whiskey J.T.S. BROWN, caese polo Campeonato de Billar do Pub O Pincho que tundas ía a levar! E El Gordo de Minesotta, outro tanto. E xa máis para aquí, o xovencísimo Tom Cruise de El Color del Dinero, tamén ía a levar as súas boas tundiñas, porque a Ponte do Porto ten uns billaristas expertos cunha experiencia acrisolada a través de longos anos de dicharacherismo chuiquitero. Ademáis, o carácter multiusos e polifuncional do local de moda na vila porteña permite a celebración tanto dun cumpreanos (Tamara, a futura heredeira da empresa Limpiezas Alfonso) como o dun concerto do grupo Los Lombardi, do que xa hai días que se colgou o cartel de "sold out". En fin, porque unha semana sin unha noticia (calquera) do Pub O Pincho xa non é propiamente unha semana, ahí vai unha manada fotográfica dos eventos sinalados anteriormente.

     
    Cumpreanos de Jose Manuel "O Chivas"
    (57 votos)

    José Manuel "O Chivas", 40 anos

    Jose Manuel O Chivas feliz coma un enano ca capa de espadachín medieval propia dos tunos
    Jose Manuel O Chivas feliz coma un enano ca capa de espadachín medieval propia dos tunos

    Vai de cumpreanos. Pero  esta vez facemos unha excepción e procedemos a publicar un cumpreanos de toda unha persoaxe que aínda que non o vexamos conectado en camarinas.eu segue a diario ao líder intratable da Costa Atlántica e sobre todo porque foron os seus propios familiares residentes na Arxentina e en Salamanca os que pediron expresamente poder ver na nosa web os dous impresionantes vídeos que se reproducen no interior desta noticia. Trátase de José Manuel "O Chivas", veciño de Vilar de Cereixo e cuñado de Roque, o itinerante mercader ambulante que a través do camión de Frutas Balsas leva percorrendo toda a Costa da Morte dende épocas remotas. O caso é que José Manuel cumpría corenta tacos e sabedores da súa pasión irrefrenable pola tuna, os seus amigos e parentes decidiron agasallalo nun coñecido ristorante de Vimianzo cunha espectacular actuación dos tunos máis dicharacheros. Trátase doutra mostra da grandeza de camarinas.eu, aquela web que leva aos seus seres queridos ata fogares a miles de kilómetros da nosa terra.

     
    Fin de ano e Dia de Reis no Pincho
    (56 votos)

    Resumen de Fin de Ano e Noite de Reis no Pincho

    Impresionante foi o programa do Nadal 2010 no Pub O Pincho e impresionantes son as fotos que o recollen
    Impresionante foi o programa do Nadal 2010 no Pub O Pincho e impresionantes son as fotos que o recollen

    ¿Pensaba alguén en serio que aquí en camarinas.eu acabáramos co Fin de Ano? Faltaba, querido electorado, o na va más, o desiderátum, o acabose: faltaban as espeluznantes fotos directamente importadas polo Pub o Pincho dende a Ponte do Porto, capital mundial do dicharacherismo chiquitero. Uns festexos que non se quixo perder o máis bala perdida dos Reis Magos que, chegado a lomos dun deslavazado poni, ademáis de vir cargado de regalos fixo por ver si era verdade todo aquelo que oíra no seu camiño dende Oriente acerca dos apocalípticos festorrios que se montan no emblemático local da Ponte do Porto. Local que incluso se atreve a darlle unha oportunidade a  novos grupos e así o 22 deste mes de xaneiro organizará un concerto de "Lombardi", grupo que ten como baixista a Anxo, anterior guitarrista de Sobrecarga. Así, o mellor  que podedes facer é visionar as fotos e o vídeo enviados baixo os sons da banda sonora das versións en mp3 do grupo Lombardi.

     
    Instalacion dun ascensor no Centro de Saude
    (60 votos)

    Para facilitar a accesibilidade ao Centro de Saúde estanse a executar as obras do ascensor
    Para facilitar a accesibilidade ao Centro de Saúde estanse a executar as obras do ascensor

    Todos aqueles que por mor dos males que solen azotar o feble corpo humano nestas xélidas datas visiten o Centro de Saúde da Ponte do Porto atoparán unha serie de incovenientes que farán que a súa estadía nun lugar ao que un xa non acude de bo grado se volva aínda menos placenteira. Trátase da instalación dun ascensor no edificio que constitúe ao mesmo tempo a Casa de Cultura e o Centro de Saúde da vila porteña. Obra que precisamente está pensada para facilitar a accibilidade das persoas con discapacidade ou dos enfermos máis graves ata o segundo piso do citado edificio, que é financiada pola Deputación Provincial da Coruña e que foi adxudicada nunha cantidade próxima aos 100.000,00 euros á empresa Construcciones José Martínez Rial. Pulsa na imaxe para ver unha galería fotográfica.

     
    Festa de Nadal no Pincho
    (46 votos)

    E agora no Pincho, Os Reis Magos!!!

    Este domingo 3 de decembro o Rei Melchor poderá vibrar como nunca coa parroquia do Pincho
    Este domingo 3 de decembro o Rei Melchor poderá vibrar como nunca coa parroquia do Pincho

    Pois xa estamos no ecuador destas navidades 2009 e como xa dicíamos, no pincho están que se salen organizando festas, eventos con Santa Claus, festa de fin de ano, cenas de Navidad... e agora este domingo ás 4 da tarde traerán ao Pincho nin máis nin menos que ao mesmísimo Rei Mago Melchor  provinte de Oriente para que todos os nenos dos arredores lle poidan traer as súas cartas de petición de regalos. Melchor, virá acompañado de moitos animales vivos que trouxo directamente do Belen de Xesús e ademáis sorteará gratuitamente unha mimosa minimascota que será toda unha agradable sorpresa para o afortunado. ademáis de regalar infinidad de obsequios para todos os asistentes.  Polo visto en oriente tampouco hai crise como no Polo Norte... En fin queridos usuarios, pulsade na imaxe principal para ver unha ampla galería do acontecido este 25 de decembro, noite de Nadal no bar de moda da Ponte do Porto: O PINCHO!!

     
    Cena Baile de Navidad no Pub O Pincho
    (32 votos)

     O Pincho non para nin no día de Nadal!!

    O Pub Pincho non para nin no día de Nadal e ideou un menú que poderedes ler dentro desta noticia
    O Pub Pincho non para nin no día de Nadal e ideou un menú que poderedes ler dentro desta noticia

    Pois a verdade, queridos usuarios, aquí parece que non facemos outra cousa que publicar noticias do Pub O Pincho da Ponte do Porto. Desta volta a idea que veñen de crear é a de celebrar unha cena-baile o día 25 de decembro que polo módico prezo de 25 euros ofrece ata tres pratos regados cas excelentes brebaxes vitivinícolas Alcorta ou Viña Costeira e na que as rumbas e os merengues correrán a cargo de "D`SATELITE", repetindo actuación dado o éxito do concertazo precedente. Por outra parte  a través da amplia galería fotográfica remitida dende o local de moda na Ponte do Porto puidemos comprobar con sorpresa como un rockero Papá Noel agora se fai acompañar dun dicharacheiro paiasiño para levar a ledicia e a ilusión a todos os cativos do orbe cristiano. Vivir para ver.

     
    << Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 Seg. > Remate >>

    Resultados 1 - 10 de 69

    InmoCamarinas.eu

    Image

     

    Top Camariñas

    Juan Cabrejo, 32 anos, Futbolista do Cartagena

    Juanillo, o

    Posiblemente o mellor xogador da historia da Costa da Morte