Escrito por Redacción Camarinas.eu    Viernes, 10 de Febrero de 2012 12:00    PDF Imprimir E-mail
Obras no Campo de Fútbol da Grixa (III)
Estas serán as gradas municipais que verán os futuros éxitos do PorteñoUnha tupida e delicada alfombra natural empeza a cubrir o leito do Campo da Grixa. Nun dos seus laterais a primeira grada cuberta da súa historia xa é unha realidade. Deberon pasar máis de corenta anos para que un dos equipos máis antigos da Costa da Morte contara cun estadio á altura da súa lenda. En efecto, esta semana pasada os primeiros tepes de céspede natural foron instalados nun dos córneres e en breve cubrirán toda a extensión cuadrangular do campo porteño, o cal esixirá para o futuro do concello, titular do estadio, un serio esforzo de mantemento que impida que a herba natural se bote a perder como xa ten acontecido noutros pastos non moi lonxanos da Grixa. Por outra banda o graderío con cantina incorporada  está xa a piques de ser rematado pola empresa adxudicataria da obra. Unha inversión que fixo posible un home que só seis meses despois das eleccións municipais xa empeza a ser botado seriamente de menos polo noso concello, un Salvador Fernández Moreda, ex-Presidente da Deputación Provincial, que debe ser canto antes obxecto da homenaxe que tanto merece polas xentes da nosa terra as cales, independentemente da súa cor política, recoñezan todo o que este home fixo por Camariñas durante o seus mandatos presidenciais. Por exemplo: a financiación da obra que logrou que despois de corenta anos o Porteño contara cun estadio á altura da súa lenda.

Por favor, registrate para calificar.

Noticias Relacionadas:
Noticias máis novas na mesma categoría:
Noticias máis antigas na mesma categoría:

 

Escribir un comentario

Camarinas.eu resérvase o dereito a publicar ou non calquer comentario ingresado por calquer visitante ou usuario desta web. Así mesmo procederase a borrar cando sexa posible calqueira comentario que non estea relacionado coa noticia sen previo aviso.


Código de seguridad Refescar

Ponte do Porto

Sociedade na PonteComunions na Ponte do Porto 15 de agosto

article thumbnail

Pablo,Amara e Tania fixeron a súa primeira Comunión Amara, Pablo e Tania pouco antes de recibir a Primeira Comunión na igrexa da Ponte  Este sábado 15 de agosto de 200 [ ... ]


Curiosidades na PonteRuta Cabalar ata Quintáns

article thumbnail

Da man da Peña Cabalar radicada na Ponte do Porto aquí en camarinas.eu xa cubrimos algunhas das rutas máis fermosas da Costa da Morte. Así, alomos das briosas monturas dos cabaleiros porteños a [ ... ]


Sociedade na PonteUnha profesora exemplar na Ponte

article thumbnail

Desde Camarinas.eu procedemos a publicar unha nova leida no blog do IES Pedra da Águia da Ponte do Porto e que nos conmocionou profundamente. Trata esta nova sobre a marcha dunha profesora deste in [ ... ]


Curiosidades na PonteLimpeza do Río Grande

article thumbnail

Co visto  bo de Augas de Galicia, dende hai uns días uns cantos veciños da Ponte do Porto andan adicados en corpo e alma á limpeza do Río Grande. Cando a marea baixa e un tenue fiíño de auga de [ ... ]


Outros artigos da Ponte do Porto