|
||||
| Blog de Sabela Rodríguez Fernández |
Guapa como un sol, intelixente, cos seus estudios completamente rematados, cun talento especial para rodar vídeos promocionais do nosos paraísos xeográficos, creadora dun blog propio adicado ao turismo... e procedente de Dor, unha terra que últimamente non para de cubrir de gloria ao noso concello (ahí está o exemplo do seu veciño Adrián López Lijó). Estamos a falar de Sabela Rodríguez Fernández, máis coñecida na citada parroquia porteña como a filla de Manolo da Morena de Dor, os da Pensión La Fe e da casa vacacional Casa Caseira, unha fermosa xoven de 21 anos (22 este mércores 1 de febreiro) diplomada en Turismo pola Escola Universitaria de Turismo (CENP) de A Coruña e que cursa actualmente o grado na mencionada especialidade na Universidade herculina, que ven de crear un espectacular blog (rutacostadamortecamarinas.blogspot.com) co que promocionar as xoias turísticas da súa terra. Así que se ben por un lado aquí en camarinas.eu perseguimos sen descanso a maldade por outro as boas xentes do noso concello, talentosas, traballadoras con gañas e ideas para sacar esto adiante sempre terán, na medida das nosas humildes e limitadas posibilidades, todo o noso apoio. Pero mellor que nos explique os seus obxectivos esta experta en turismo que demostra cos seus logros que Dor últimamente está que se sae:Sempre que tiven que facer algún traballo durante a carreira que tivesen que ver cun destino de España ou Galicia os fixen sobre a Costa da Morte e mais específicos sobre Camariñas, xa que é a terra de un e sempre gratifica máis poder facer algo sobre e por ela, incluso ata fixen un inventario de recursos turísticos do concello, estudiei a posibilidade do desarrollo dun producto cultural relacionado con mar en Camariñas e moitas cousas máis.
Noticias máis novas na mesma categoría:
Noticias máis antigas na mesma categoría:
|






Comentarios
Moitas gracias por este artigo Diego. Todo o que se poda facer por Camariñas é pouco.
E xa sabedes, entrade a rutacostadamort ecamarinas.blogspot.com e deixade as vosas opinións e comentarios.
Noraboa Sabela polo teu traballo a prol do turismo no noso Concello. eres unha crack!! da gusto apoiar a esta xente que de forma desinteresada traballa para o ben común. Saludos e FELIZ CUMPREANOS!!!!
De novo, moitísimas gracias!!
Suscripción de noticias RSS para comentarios de esta entrada.