|
Escrito por Redacción Camarinas.eu
Jueves, 26 de Enero de 2012 09:12 |
|
|
|
|
|
Construcción de beirarrúas no Outeiro
|
Si había dúas obras en verdade necesarias, que enchían de vergoña allea a todos os veciños do concello e que daban unha imaxe lamentable a todo aquel que visitase ás nosas terras eran as das beirarrúas de entrada a Camariñas e Ponte do porto. As primeiras na sú marxe dereita dirección entrada foron acometidas impecablemente, con medios escasos pero con moitas gañas e profesionalidade intachable, hai dous anos pola PMO (Patrulla Municipal de Obras) e as segundas están sendo executadas dun tempo a esta parte pola empresa porteña Construcciones José Martínez Rial. Trátase dunha inversión orzamentada en preto de 175.000 euros, dos cales 150.000 corresponden a unha subvención da Deputación Provincial de Salvador Fernández Moreda e 25.000 á aportación municipal e que substitúe ás destartaladas, derruidas e nalgúns tramos inexistentes beirarrúas do Outeiro da Ponte do Porto por outras novas, ca súa correspondente rede subterránea e que conecta cas beirarrúas de O Allo. Obra necesaria, xa non pola imaxe que proxectaba o noso concello a ollos alleos, senón sobre todo porque se trata das beirarrúas que levan cada día a centos de cativos xunto cos seus familiares cara ao Colexio de Infantil e Primaria de O Allo. Unha obra fundamental xa non por decoro senón tamén pola seguridade vial dos nosos cativos en breve será unha realidade.
Comentarios:
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
Noticias Relacionadas:
Noticias máis novas na mesma categoría:
Noticias máis antigas na mesma categoría:
|