Escrito por Redacción Camarinas.eu    Jueves, 19 de Enero de 2012 08:24    PDF Imprimir E-mail
Adrian Lijó, gañador en televisión
Adrián Lijó cara a cara ca mesmísima (e rexuvenecida) Mercedes MiláAtoparse tan só a uns centímetros da facha recauchutada, autosuficiente e tan impregnada de sabelotodismo da superestrela da TV Mercedes Milá (bastante vida a menos eso sí: ¡ay, onde van aqueles programas de xornalismo de investigación e interese social!) durante 15 programas consecutivos, eso por si só xa sería suficiente para ser merecedor dos honores de Héroe de la Unión Soviética, o Corazón Púrpura do Congreso norteamericano, o Toisón de Ouro e ser nomeado Cabaleiro de Honor da Lexión Francesa, todo ao mesmo tempo. Pero se aínda por enriba resulta que un sae gañador deses mesmos 15 programas consecutivos, deixa tirados na cuneta a máis de 50 participantes e xa, como colofón final, gaña un proba memorística propia de superdotados embolsándose por todo elo 37.000 euros, entón está claro que estamos a falar dun héroe, un titán, un coloso, un hércules, que só pode provir do Concello de Camariñas.

Este foi o caso de Adrián Lijó (veciño de Dor e irmán dunha habitual das crónicas deportivas de camarinas.eu ata non hai moito tempo: a campiona de bádminton Nerea Lijó) quen na edición deste 18 de xaneiro de 2012 do programa do Canal Cuatro, comandado pola presentadora antedita, "Dale al Rec" lograba chegar á cantidade de 37.000 euros en gañancias tras averiguar a combinación da caixa forte do programa, composta por 15 cifras de dous díxitos, despois de habela visionado durante dúas tandas de tan só uns escasos 10 segundos cada unha. Tal foi o éxito de Adrián que os rectores do programa da cadea propiedade do Grupo Prisa (bueno, agora máis ben de Berlusconi), estupefactos ante os logros do noso veciño, víronse obrigados a grabar un vídeo no que éste explica os seus trucos para explotar ao máximo a memoria. En fin, outro exemplo do que pode chegar a acadar con esforzo, atrevemento e intelixencia un camariñán, o cal, nestes oscuros tempos nos que o noso concello destaca na prensa por políticos que se adican a ocupar ilegalmente institucións privadas, non deixa de constituir un alivio. ¡¡Felicidades Adrián!!.

Vídeo 1



Vídeo 2



Vídeo 3



Por favor, registrate para calificar.

Noticias Relacionadas:
Noticias máis novas na mesma categoría:
Noticias máis antigas na mesma categoría:

 

Comentarios  

+1 ¡Menudo crack!Ícaro 19-01-2012 12:55 #

¡A este paso vanlle facer un programa para el sólo!

Responder | Responder con una citación | Citar
+2 RE: Adrian Lijó, gañador en televisiónAdrián Lijó 19-01-2012 12:56 #

Ola!
Son Adrián, só quería dalas gracias a toda esa xente que me estivo vendo, un forte abrazo a todos e xa nos veremos polo pobo!
E gracias por este artigo!
Un saúdo a tod@s!

Responder | Responder con una citación | Citar
+1 RE: RE: Adrian Lijó, gañador en televisiónÍcaro 19-01-2012 13:12 #

¿Cando me invitas a unha copa, joven padawan?

Responder | Responder con una citación | Citar
+2 RE: Adrian Lijó, gañador en televisiónRasputin 22-01-2012 11:18 #

Que Crack eres Adrian!!!
Debe de ser dificilisimo pillarlle o xeito a este tipo de programas pero ti vese que yo tes pillado. Xa solo con medo escenico eu iame pola pata macho!!
Un saludo

Responder | Responder con una citación | Citar

Escribir un comentario

Camarinas.eu resérvase o dereito a publicar ou non calquer comentario ingresado por calquer visitante ou usuario desta web. Así mesmo procederase a borrar cando sexa posible calqueira comentario que non estea relacionado coa noticia sen previo aviso.


Código de seguridad Refescar

Ponte do Porto

Sociedade na PonteComunions na Ponte do Porto 15 de agosto

article thumbnail

Pablo,Amara e Tania fixeron a súa primeira Comunión Amara, Pablo e Tania pouco antes de recibir a Primeira Comunión na igrexa da Ponte  Este sábado 15 de agosto de 200 [ ... ]


Sucesos na PonteTerrible suceso na Ponte do Porto

article thumbnail

Falece un camioneiro nunha marmolería da Ponte Un terrible suceso volvío a golpear o Concello de Camariñas ca morte dun camioneiro ourensán Lamentablemente na tarde deste caluroso e [ ... ]


Curiosidades na PonteObras de Acondicionamento da Rua Barrosas

article thumbnail

O novo aspecto dunha calle histórica
Por fin a nosa querida e apreciada Carmucha ten unha rúa nunhas condicións dignas camarinas.eu culmina o percorrido pola realidade económi [ ... ]


Sociedade na PonteRestaurante Ponte do Porto

article thumbnail

Festa con Gogos este xoves no Pincho (Ponte do Porto) A festa do Pincho estará amenizada por estas dúas espectaculares gogo´s: non te podes perder o seu show!! Esta Semana Santa o local de mo [ ... ]


Outros artigos da Ponte do Porto