Escrito por Redacción Camarinas.eu    Jueves, 25 de Agosto de 2011 12:10    PDF Imprimir E-mail
Retorno a Villa La Ponderosa
José Martínez Ferrío, o último terrateniente dos vellos temposDe igual forma que un daqueles cabaleiros que voltaban á calqueira das mansións señoriais sureñas despois da Guerra de Secesión, así retornaba camarinas.eu nos días centrais de agosto de 2011  a Villa La Ponderosa. Transcurrira un oceáno de tempo, as épocas xa non eran as mesmas. Camiño do sur cruzábamos non a Líña Mason-Dixon, pero si os estreitos desfiladeros de Cereixo, vislumbrábamos non unha longa avenida  oscurecida por un impoñente arco arbóreo pero si unha anegada corredoira. Pola mesma non circulaban elegantes e lixeiros landós, cabriolés, calesas, pesados faetóns ou calqueira outra carruaxe de época: automóviles de diversa gama, máis ben deportivos, esparcíanse a boa de Deus por unhas asilvestradas cunetas. Non nos rodeaban plantacións de tabaco e algodón pero si un mar de fecundos castiñeiros. Traspasado o umbral de entrada, en vez dunha cristalina xarra de te xeado poñíannos rapidamente nas mans un espartano vaso de viño do país (ou de escuras orixes navarras). No sitio que debera ocupar unha fachada neoclásica de sobrias columnas dóricas un container reciclado facía as veces de edificio principal.

E así na parroquia de San Martiño de Ozón (Muxía) atoparíamos a José Martínez Ferrío nun impecable traxe branco embutido en botas de montar. Sombreiro de ala ancha, corbata de tiras, reloxio de cadea colgante dunha prominente cintura, un cigarro sureño faríase forte na súa boca mentras apoiado na columnata sigue as evolucións dunha fiel e alegre muchachada que por mor dos tempos cambiou forzosamente de cor e condimenta e prepara de forma abnegada as viandas que surtirán opíparamente unha mesa sempre pródiga co visitante. Mentras expertos asadores se ocupaban dos criollos, os polos e os pinchos morunos, productos todos eles da máis típica gastronomía meridional atlántica e outros non menos sabios de afanaban no cocido do pulpo (este de orixes máis meridionais aínda, máis ben africanas), o Amo e Señor do lugar decide asumir el mesmo a pesada responsabilidade do asado do prato principal do evento, un fornido cabrito de firmes cuartos traseros, e durante sete horas exerce o seu maxisterio superior baixo unha choiva pertinaz. De cando en cando, esparce unha pincelada de elaborado adobo para quitarlle o bravío ao desdichado animal.

O clima atroz e inesperado voltara imposible a imaxe dunha alegre mesa baixo o sol formada polo amo, seus menestrais, seus capataces e afortunados visitantes e así cada un deles arranxábase como podía de pe, pescando ao asalto o continuo ir e vir de de platos diversos. E de vasos regados con humilde viño do país (ou de máis escuras procedencias navarras). Cara as tres da tarde, Ferrío axudado dun dos seus muchachos transporta cara o altar do sacrificio o desdichado cabrito sabiamente asado e desta forma unha forxa formada por aguerridos varóns e un canciño impertinente e ladrador danse o banquete definitivo. A falta de fermosas damas sureñas, desas de vaporosos traxe de gasa e omnipresente quitasol  cas que dar un paseo polas beiras do río, para despois quedarían a baraxa, os refrixerios cubateriles e a longa tarde de amenas tertulias. Cara ás cinco da tarde, baixo esa mesma choiva pertinaz e constante que caracterizou a xornada, camarinas.eu emprendía o camiño do norte, atrás deixábamos os dominios meridionais de José Martínez Ferrío, terrateniente, amo e señor da estancia, quinta ou mansión señorial así chamada La Ponderosa.

DSCN8280
DSCN8281
DSCN8282
DSCN8283
DSCN8284
DSCN8285
DSCN8286
DSCN8287
DSCN8288
DSCN8289
DSCN8290
DSCN8291
DSCN8292
DSCN8293
DSCN8294
DSCN8295
DSCN8296
DSCN8297
DSCN8298
DSCN8299
DSCN8300
DSCN8301
DSCN8303
DSCN8304
DSCN8305
DSCN8307
DSCN8308
DSCN8309
DSCN8310
DSCN8311
DSCN8312
DSCN8313
DSCN8314
DSCN8315
DSCN8317
DSCN8318
DSCN8319
DSCN8320
DSCN8321
DSCN8323
DSCN8325
DSCN8326
DSCN8327
DSCN8330
DSCN8331

Por favor, registrate para calificar.

Noticias Relacionadas:
Noticias máis novas na mesma categoría:
Noticias máis antigas na mesma categoría:

 

Escribir un comentario

Camarinas.eu resérvase o dereito a publicar ou non calquer comentario ingresado por calquer visitante ou usuario desta web. Así mesmo procederase a borrar cando sexa posible calqueira comentario que non estea relacionado coa noticia sen previo aviso.


Código de seguridad Refescar

Ponte do Porto

Curiosidades na PonteFesta Cabalar Ponte do Porto

article thumbnail

Que a Feira da Ponte do Porto xa non é o que era, eso non é ningunha novdade. A culpa de que eso pasase tal vez non se lle poda achacar a ninguén: son esa clase de modas que veñen e van e que tan  [ ... ]


Sociedade na PonteChurrascada-Sardiñada no Pub O Pincho

article thumbnail

Doble ración de churrasco e sardiñas para os paladares máis esixentes este venres 30 de xullo no Pub O PinchoTodos quedarán contentosNunha data tan emblemática e decisiva para a histo [ ... ]


Festas na PontePonte do Porto: Festas de San Roque 2010

article thumbnail

Los Tres Tenores das festas porteñas: Iván e José Landeira e Alfonso Castro Unha comisión de xoves promesas Foise unha das mellores comisións de festas da historia da Costa da Morte e sen [ ... ]


Curiosidades na PonteRuta Cabalar ata Quintáns

article thumbnail

Da man da Peña Cabalar radicada na Ponte do Porto aquí en camarinas.eu xa cubrimos algunhas das rutas máis fermosas da Costa da Morte. Así, alomos das briosas monturas dos cabaleiros porteños a [ ... ]


Outros artigos da Ponte do Porto