|
Escrito por diegoalfr
Martes, 17 de Agosto de 2010 22:06 |
|
|
|
|
|
Cena de Carne de Potro no Pincho
|
E agora... ¡¡Comellada Equina!!
Nen o máis esquisito gourmet poderá resistirse a probar a deliciosa carne de potro no Pincho
Segue o local de moda na Ponte do Porto na súa loita pola reinvindicación da gloriosa tradición equina no Concello de Camariñas. Primeiro foi traendo ás paxinas da web lÃder da Costa da Morte as imaxes sobre a Xuntanza Cabalar celebrada en terras porteñas o domingo 13 de xuño de 2010 e que servÃo para añorar dende o recordo aquelas multitudinarias e festivas xuntanzas que durante todo un fin de semana ateigaban de cabaleiros as paraxes privilexiadas de Reira. E como segundo frente desta dura batalla teñen pensado organizar en próximas datas na que foi unha institución senlleira dentro da movida porteña das décadas dos setenta e oitenta unha espectacular comellada na que os seus clientes por unha módica cantidade poderán degustar a mellor carne de potro, asada e condimentada como nos mellores hipódromos. Para elo, os que asà o desexen xa poden ir apuntándose nunha exclusiva lista que xa está aberta no local de moda porteño. Expertos en pulpo, raxo, churrasco, sardiñas e agora potro: é como si se tratase de unha Arca de Noé, pero pasada polos fogóns. Todo elo na RaxerÃa-PulperÃa O Pincho, a auténtica fábrica de noticias (noticias que contan por miles as súas visitas) da Ponte do Porto.
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
Noticias Relacionadas:
Noticias máis novas na mesma categorÃa:
Noticias máis antigas na mesma categorÃa:
|