|
Escrito por Redacción Camarinas.eu
Jueves, 01 de Marzo de 2012 09:00 |
 |
 |
 |
|
| Obras no Campo de Fútbol da Grixa (IV)
|
O anhelo tan longamente ansiado por toda unha vila, o desexado acariciado durante tantos anos, xa é unha realidade: a Ponte do Porto conta cun flamante e espectacular campo de fútbol. Unha realidade fruto da colaboración administrativa (financiación conxunta entre a Deputación Provincial de Salvador Fernández Moreda e o Concello de Camariñas) e da colaboración desinteresada dos veciños: uns cedendo gratuitamente terreos e outros talando voluntariamente as árbores que impedirían que o sol bañara a alfombra natural máis flamante de toda a Costa da Morte. Deste xeito, un histórico do fútbol galego, o Porteño, conta cun estadio á altura da súa lenda, os rapaces da vila do Río Grande cun recinto de impresión para desenvolver as súas actividades deportivas e o Concello con dous campos de fútbol modernos e impecables, perfectamente compatibles (un de herba artificial e outro de céspede natural). Por elo esperemos que a inauguración oficial do mítico pero a partires de agora xa non destartalado Estadio Municipal de A Grixa esté á altura do recinto, que se dispute un encontro en consoancia ca importancia do evento e, sobre todo, que este vaia precedido da debida homenaxe aos héroes que cubriron de gloria a vila porteña un día lonxano de 1971.
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
|
|
|
Escrito por Redacción Camarinas.eu
Martes, 28 de Febrero de 2012 21:00 |
 |
 |
 |
|
| Ruta dos Muiños da Ponte do Porto
|
Non hai moito tempo nunha das clásicas reportaxes co selo de calidade típido da web líder da Costa da Morte, camarinas.eu facíase eco dunha ruta olvidada dentro da paisaxe patrimonialística do noso Concello: a Ruta dos Muiños de Auga de Camariñas, aqueles seis muiños no Camiño da Rega, dende o Cotariño ata Area da Vila, aos que varias xeracións de habitantes da Vila das Palilleiras acudiron a moer o millo que lles daría de comer. Agora fruto da colabpración desinteresada dun usuario da nosa web, rescatamos outra xoia que non desmerece á anterior e que, paralela a unha canle fluvial, o Río Grande, permite contemplar algunhas das paisaxes máis fermosas da nosa terra: a Ruta dos Muiños da Ponte do Porto. Alí, entre árbores de folla caduca, típicos das paisaxes galegas, no medio dunha vexetación frondosa, entre musgos e fieitas, desperdigados ao carón do río que lles insuflou a vida un conxunto de muiños de auga dan nome a unha ruta de ensono, ideal para acometer cando as cores ocres se adueñan da paisaxe. Ideal para percorrer nun día de duro inverno.
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
|
|
|
|
|
Página 1 de 18 |