Escrito por Redacción Camarinas.eu    Sábado, 15 de Octubre de 2011 08:29   
Fátima 2011 na Ponte do Porto
Festas na Ponte

OS rapaces porteños interpretaron á perfección o seu papel na representación da aparición

Continúa Camarinas.eu co seu percorrido particular polos diferentes actos festivos e sociais que se celebran eventualmente por tódolos recunchos do noso concello. Desta vez facemos parada obrigatoria na celebración que se realiza dende tempos remotos da procesión da Fátima na Ponte do Porto. Procesión que engalanou este domingo pasado 9 de outubro a Rúa das Barrosas cunha impresionante alfombra floral realizada por gran parte de veciños e devotos da dita transitada rúa porteña. Outro ano máis, como ven sendo habitual, Camarinas.eu estivo presente e móstravos en rigurosa exclusiva as imaxes dun día festivo na que os veciños da Ponte do Porto gozaron co fervor relixioso dos seus máis pequenos habitantes que representaron unha emocionante aparición da Virxe de Fátima que encheu de bágoas a gran parte dos asistentes. Antecedeu á emotiva procesión unha misa en honor a esta Virxen oficiada polo noso querido cura párroco Don Jesús que estivo acompañado polas autoridades muncipais entre os que destacaban o Alcalde Pichurri e a Tenente de Alcalde e Concelleira pola Ponte do Porto Sandra Ínsua. Dende Camarinas.eu queremos dar a noraboa a tódolos responsables e colaboradores desta representación.

Por favor, registrate para calificar.

Noticias Relacionadas:
Noticias máis novas na mesma categoría:
Noticias máis antigas na mesma categoría:

 

Comentarios  

RE: Fátima 2011 na Ponte do Portorubiasexy 15-10-2011 22:56 #

BOnitas fotos impresionantes canto traballo

Responder | Responder con una citación | Citar

Escribir un comentario

Camarinas.eu resérvase o dereito a publicar ou non calquer comentario ingresado por calquer visitante ou usuario desta web. Así mesmo procederase a borrar cando sexa posible calqueira comentario que non estea relacionado coa noticia sen previo aviso.


Código de seguridad Refescar

Ponte do Porto

Curiosidades na PonteNova Avenida hacia Xarás

article thumbnail

A alma de xubilado prematuro, de enxeñeiro de barra de bar, tan característica de camarinas.eu experimentou un gozo sin igual na tarde deste martes 12 de outubro de 2010. Andaba cara ás cinco da  [ ... ]


Curiosidades na PonteRuta Cabalar a Cures

article thumbnail

Si a incursión pasada dos cabaleiros do Pincho ata Ponteceso tivo un carácter de lebensraum, de búsqueda de inevitable espacio vital para unha peña cabalar á que os camiños da Costa da Morte se  [ ... ]


Deportes na Ponte do PortoMundial Sudafrica 2010: Festexos na Ponte do Porto

article thumbnail

Ningunha vila reflexa mellor a ledicia colectiva polo triunfo de España no Mundial que a Ponte do Porto  O Día da Victoria na Ponte do PortoPasarán os anos e os dous redactore [ ... ]


Deportes na Ponte do PortoLiga da Costa: Porteño 1 - San Lorenzo 2

article thumbnail

Camarinas.eu cun histórico do balompié nacional
O histórico Porteño entrenado polo camariñán Pepucho inicia unha colaboración con camarinas.eu "Aqui está la [ ... ]


Outros artigos da Ponte do Porto