|
|
| Festas de San Pedro 2010 na Ponte do Porto |
| Festas na Ponte | |||
Instáurase o "Estilo Pincho"
![]() Alfonso Castro e José e Iván Landeira, Comisión de Festas, posan nas Fonte dos Leóns da Ponte do Porto Non sería raro que os máis sesudos analistas dos grandes centros de estudos e de investigación internacionais acudiran en masa a finais deste mes de xuño cara a Ponte do Porto para comprobar in situ unha nova forma de organizar unhas festas ancestrais. Uns modos presididos polo dicharacherismo, o desenfreno e o despiporre porque queridos usuarios, por primeira vez na historia, instáurase o "Estilo Pincho" na organización das grandes festas porteñas. Efectivamente, unha Comisión de Festas formada polos xerentes e os clientes emblemáticos do gran local de moda da Ponte do Porto foi quen de organizar un impresionante cartel festivo que arrancará o 28 e 29 de xuño cas Festas en honor a San Pedro e que continuará o fin de semana do 2, 3 e 4 de xullo ca ofrenda parroquial a San Antonio, ao Perpetuo Socorro e ao Santísimo Sacramento. Alí veremos sardiñadas, grupos de gaitas, bandas de música, pasarrúas, sesións vermouth, verbenas e santísimas misas. Todo elo aderezado co dicharacherismo chiquitero máis desenfrenado, tal e como corresponde aos días da festa grande da Ponte do Porto, o máis antigo crossroads da Costa da Morte.
Noticias máis novas na mesma categoría:
Noticias máis antigas na mesma categoría:
|





