|
Escrito por Redacción Camarinas.eu
Lunes, 05 de Diciembre de 2011 19:40 |
|
| A movida volve a Ponte do Porto
|
|
Festas na Ponte
|
Comezan xa as épocas festeiras navideñas e na Ponte do Porto non podía faltar unha iniciativa para o despiporre final que levará á tumba este desdichado ano 2011. Así os diferentes locais porteños tratarán de resucitar a gran movida nocturna de antaño que todos recordamos con diferentes iniciativas propias que se desenrolarán na Ponte do Porto. Por exemplo, a resucitada Discoteca Pipol volveu a abrir as súas portas este venres pasado e esta semana realizarán varias festas entre as que podemos destacar unha xornada nocturna de regalos con cada copa que se celebrará hoxe a noite. O mércores realizarán a Gran Festa do Chupito da Ponte do Porto e o venres e sábado os seus xerentes organizarán unhas espectaculares festas sorpresa que deixarán a todo o mundo boquiaberto. Si non o creedes acercádevos esta noite pola Ponte do Porto. ¡¡EL DESPIPORRE!!
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
|
|
|
Escrito por Redacción Camarinas.eu
Sábado, 15 de Octubre de 2011 08:29 |
|
| Fátima 2011 na Ponte do Porto
|
|
Festas na Ponte
|
| 
Continúa Camarinas.eu co seu percorrido particular polos diferentes actos festivos e sociais que se celebran eventualmente por tódolos recunchos do noso concello. Desta vez facemos parada obrigatoria na celebración que se realiza dende tempos remotos da procesión da Fátima na Ponte do Porto. Procesión que engalanou este domingo pasado 9 de outubro a Rúa das Barrosas cunha impresionante alfombra floral realizada por gran parte de veciños e devotos da dita transitada rúa porteña. Outro ano máis, como ven sendo habitual, Camarinas.eu estivo presente e móstravos en rigurosa exclusiva as imaxes dun día festivo na que os veciños da Ponte do Porto gozaron co fervor relixioso dos seus máis pequenos habitantes que representaron unha emocionante aparición da Virxe de Fátima que encheu de bágoas a gran parte dos asistentes. Antecedeu á emotiva procesión unha misa en honor a esta Virxen oficiada polo noso querido cura párroco Don Jesús que estivo acompañado polas autoridades muncipais entre os que destacaban o Alcalde Pichurri e a Tenente de Alcalde e Concelleira pola Ponte do Porto Sandra Ínsua. Dende Camarinas.eu queremos dar a noraboa a tódolos responsables e colaboradores desta representación.
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
|
|
|
|
|
Página 1 de 15 |