Andan os mundos que non están para andar estrajando e ahí onde antes che daban un premio e unha man de cartos agora recibes un saquiño de pienso e vas que chutas. Aínda que unha rapaza de curta edade, a nosa querida Gisela recibía unha lección inestimable da actual situación economica-financieira do mundo occidental ahí haberá un mes cando gañaba a exhibición equina da Feira Cabalar de Castrelo e recibía como xusto pago ao seu bo facer ecuestre o saco de marras. Nembargantes, nun inesperado xiro do destino, a crise financieira mundial recompensaba desta maneira ao que se nos paramos a pensar un pouco non deixa de ser un dos principais protagonistas desta clase de eventos: o cabalo, que vía sorprendido e abraiado como a comisión dos máis sabios expertos de Castrelo constituida en Xurado Cabalar premiábao cun saquiño de sabroso pienso extraído (esperemos) dalgunha das máis refinadas e elitistas granxas equinas. A crise financieira xenera de por si unha complexa reestructuración macroeconómica da que, por unha vez, saío gañador un humilde cabaliño branco da Costa da Morte.
Camarinas.eu resérvase o dereito a publicar ou non calquer comentario ingresado por calquer visitante ou usuario desta web. Así mesmo procederase a borrar cando sexa posible calqueira comentario que non estea relacionado coa noticia sen previo aviso.
Si a incursión pasada dos cabaleiros do Pincho ata Ponteceso tivo un carácter de lebensraum, de búsqueda de inevitable espacio vital para unha peña cabalar á que os camiños da Costa da Morte se [ ... ]
Os polvorentos camiños de Carnés ou as fértiles areas da Praia do Ariño sintiron no seu lomo en semanas pasadas o tronar maxestuoso das furiosas galopadas duns cabaleiros que en perfecta formació [ ... ]
Se estivéramos a falar do País Vasco, os feitos que cíclicamente acontecen no Rancho ou Estancia así denominada "La Ponderosa" (San Martiño de Ozón, término municipal de Muxía) constituidos [ ... ]
Unha tupida e delicada alfombra natural empeza a cubrir o leito do Campo da Grixa. Nun dos seus laterais a primeira grada cuberta da súa historia xa é unha realidade. Deberon pasar máis de corenta [ ... ]