Escrito por Redacción Camarinas.eu    Domingo, 13 de Septiembre de 2009 11:19   
Prevencion de drogas no tempo libre
Deportes na Ponte do Porto

A impagable labor das xentes desinteresadas

Ninguén parece preocupado en inculcar uns valores e principios correctos  a unha xuventude sen control
Ninguén parece preocupado en inculcar uns valores e principios correctos a unha xuventude sen control

Agora que o noso gran amigo Gerpe sempre da man da fermosa e intelixente Isabel está a realizar unha pequena xira pola Europa francófona, procedemos a publicar unha nota de prensa que nos enviou e que reflexa fielmente a implicación e esforzo desinteresado de algúns veciños de Camariñas para manter  afastada das drogas á unha vulnerable xuventude que parece abandonada por esta sociedade á súa sorte. Trátase do programa de actividades que dentro da Asociación Antidroga Abondou se impartirá fóra de horario escolar dende outubro a decembro deste 2009 no Instituto de Ensinanza Secundaria Pedra da Aguia, radicado en Ponte do Porto, e que persigue obxectivos como o da vida saudable, o da boa alimentación, o compañeirsmo, a cooperación, o afastamento das prácticas con incidencia negativa na saúde... 

Neste punto debemos recordar a impagable e desinteresada labor que a prol dos nosos rapaces, e cubrindo as importantes lagunas que neste punto cometen as administracións públicas, leva a cabo Gerpe man a man con Visentiño "O Quisquel " e Faus dentro da Asociación Deportiva As Baleas, onde ademáis de tratar de inculcar nunha xuventude que parece actualmente ir á deriva  uns valores e principios clásicos desaparecidos totalmente nesta sociedade vacía e postmoderna como o amor ao deporte, o esforzo, o compañerismo, a unión, o amor á terriña, leva a cabo esta labor de forma completamente existosa forxando unha canteira de xóvenes campeóns que están a arrasar a canta escola municipal de fútbol se lle poña por diante e campeonando (que diría o clásico sudamericano) en torneos aos que acuden equipos con presupuestos moito máis elevados tal e como tivemos ocasión de comprobar este verán con motivo do Maratón das Estrelas de Cee. 

Non contentos ca labor realizada, este grupo de patriotas camariñáns leva a súa implicación ca xuventude ao difícil e fráxil mundo dos institutos de ensinanza, onde fóra da actividade escolar e dentro da Asociación Antidroga Abondou impartirán unha serie de actividades que reinciden nos obxectivos mencionados anteriormente e que consistirán no mes de outubro no deporte do voley con actividades complementarias de xogos predeportivos, de animación e sendeirismo; en novembro, no "floorball", ese xogo colectivo que simula ao hockey pero sen patíns e finalmente en decembro, no frisbie ou disco volador. Unha vez iniciadas as clases, tódolos alumnos que así o desexen poderán inscribirse nas fichas de inscripción postas á súa disposición no IES Pedra da Aguia, para desenrolar unhas actividades que tratarán, de forma humilde e desinteresada, de parar esta deriva sin xeito na que unha sociedade fatua e saciada deixou meterse por sí sós aos nosos xóvenes. Alomenos hai xente que intenta facer algo.  

Por favor, registrate para calificar.

Noticias Relacionadas:
Noticias máis novas na mesma categoría:
Noticias máis antigas na mesma categoría:

 

Escribir un comentario

Camarinas.eu resérvase o dereito a publicar ou non calquer comentario ingresado por calquer visitante ou usuario desta web. Así mesmo procederase a borrar cando sexa posible calqueira comentario que non estea relacionado coa noticia sen previo aviso.


Código de seguridad Refescar

Ponte do Porto

Curiosidades na PonteBlog de Sabela Rodríguez Fernández

article thumbnail

Guapa como un sol, intelixente, cos seus estudios completamente rematados, cun talento especial para rodar vídeos promocionais do nosos paraísos xeográficos, creadora dun blog propio adicado ao t [ ... ]


Festas na PonteCartel da Festa de San Roque 2009

article thumbnail

Este finde non te perdas as Festas da Ponte Todo está listo este fin de semana na Ponte do Porto para pasalo pipa: ben comidos e ben bebidos Non é porque o dixera camarinas.eu, pero es [ ... ]


Festas na PonteProcesion de San Pedro na Ponte do Porto 2010

article thumbnail

Os veciños da Ponte do Porto celebraron un ano máis unha concurrida Procesión de San Pedro He aquí unha noticia que seguramente vai encher de ledicia, pero tamén de morriñ [ ... ]


Sociedade na PonteCumpreanos.eu: Diana do Pincho

article thumbnail

Este xoves 27 de xaneiro cumprío anos unha persoa moi querida na redacción de camarinas.eu, unha persoa que durante estes dous derradeiros exercicios confiou en camarinas.eu mediante un patrocinio [ ... ]


Outros artigos da Ponte do Porto