|
Escrito por Redacción Camarinas.eu
Lunes, 06 de Mayo de 2013 20:00 |
|
| Ascenso do Porteño a Segunda Rexional
|
|
Deportes na Ponte do Porto
|
| 
Xornada triunfal para o FC Camariñas que gañaba con moitas dificultades a un rival directo como era o Laro e certificaba a permanencia na categoría, unha permanencia que custou suor acadar pero que finalmente foi posible e sabe a gloria. Por outra banda, o outro gran acontecemento do fin de semana deportivo para os equipos do noso concello tiña lugar no histórico e mítico Estadio da Grixa, onde o Porteño festexaba cos seus o tan ansiado ascenso á Segunda Rexional. Deste xeito, a Liga da Costa volta a ter un dos seus equipos emblemáticos como é o Porteño, un dos seus clubs fundadores. Noraboa a ámbolos dous conxuntos, Camariñas e Porteño, por acadar os obxetivos que tiñan ao principio da tempada.
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
|
|
|
Escrito por Redacción Camarinas.eu
Lunes, 21 de Mayo de 2012 13:00 |
|
| O iate Reira triunfa na Ría de Vigo
|
|
Deportes na Ponte do Porto
|
Aínda que en Camariñas poda parecer increíble, segue a haber en Galicia institucións náuticas que desenrolan as súas actividades dentro da normalidade e as embarcacións atracadas nos seus pantaláns participan nas distintas competicións deportivas e, se é o caso, arrasan nelas. Esto último foi o que lle aconteceu ao noso querido colaborador e actual Presidente do Club Líceo Marítimo de Bouzas Xoán Ramón Carballo Alvite que patroneando o seu iate Reira ven de gañar a VII Regata Aister de Solitarios e a Dous, celebrada recentemente en dous fins de semana consecutivos na Ría de Vigo. Trátase dunha proba moi técnica, puntuable para o circuito galego, organizada polo Líceo Marítimo de Bouzas e que conta ca colaboración de entidades do calibre de Aister, Novagalicia Banco, o Concello de Vigo, a Deputación de Pontevedra ou Helvetia seguros.
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
|
|
|
Escrito por Redacción Camarinas.eu
Sábado, 07 de Abril de 2012 18:15 |
|
| Inauguración Campo Municipal da Grixa
|
|
Deportes na Ponte do Porto
|
| 
Xoves Santo festivo no entorno de A Grixa, na Ponte do Porto. Dende as primeiras horas da sobremesa unha fila interminable de veciños emprenden a ruta do monte. As beiras dos camiños que circundan o novo Cemiterio Municipal non dan abasto a acoller coches estacionados de todas as formas e escorzos posibles. Dende lonxe, baixo a sombra de poderosos eucaliptos, os sons das gaitas galegas dan a benvida a un visitante abraiado pola envergadura da obra acometida. Un arrecendo de pura historia futbolística que se apodera da alma. Uns graderíos completamente ateigados, un lateral do campo que non permite asomar unha soa nova face cara o terreo de xogo, dotan a escea dun inconfundible aire festivo. Rapaces novos e non tan novos pese ao temperán da hora circulan frenéticamente dun lado a outro acompañados de refrixerios cubateriles. Unha cantina que non da abasto e que recaudará ao final do día máis de 600 euros destinados a financiar as arcas dun dos dez clubs fundadores da Liga da Costa. E un rival digno da efeméride histórica, o Cerceda dun Juanillo incansable en axudar na medida das súas multiplicadas posibilidades e que finalmente venceu por 0 a 7.
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
|
|
|
Escrito por Administrador
Jueves, 06 de Octubre de 2011 08:35 |
|
| Gisela gaña na Feira Cabalar de Castrelo
|
|
Deportes na Ponte do Porto
|
| 
Andan os mundos que non están para andar estrajando e ahí onde antes che daban un premio e unha man de cartos agora recibes un saquiño de pienso e vas que chutas. Aínda que unha rapaza de curta edade, a nosa querida Gisela recibía unha lección inestimable da actual situación economica-financieira do mundo occidental ahí haberá un mes cando gañaba a exhibición equina da Feira Cabalar de Castrelo e recibía como xusto pago ao seu bo facer ecuestre o saco de marras. Nembargantes, nun inesperado xiro do destino, a crise financieira mundial recompensaba desta maneira ao que se nos paramos a pensar un pouco non deixa de ser un dos principais protagonistas desta clase de eventos: o cabalo, que vía sorprendido e abraiado como a comisión dos máis sabios expertos de Castrelo constituida en Xurado Cabalar premiábao cun saquiño de sabroso pienso extraído (esperemos) dalgunha das máis refinadas e elitistas granxas equinas. A crise financieira xenera de por si unha complexa reestructuración macroeconómica da que, por unha vez, saío gañador un humilde cabaliño branco da Costa da Morte.
Me Gusta
0
Por favor, registrate para calificar.
|
|
|
|
|
Página 1 de 3 |